Como paso previo para poder utilizar este método de acceso debes acudir a túa oficina de emprego para que nela capturen as túas pegadas dixitais.
Para poder utilizar este método de acceso (unha vez que na oficina xa teñan rexistradas as túas pegadas dixitais) necesitas ter instalado no teu equipo un lector de pegada dixital, ou ben debes utilizar os chamados Puntos de información, máquinas que o Servizo Público de Emprego de Galicia pon ao servizo do usuario nalgunhas oficinas de emprego e concellos.
Só terán acceso á Oficina virtual os demandantes que teñan a súa demanda de emprego en situación administrativa de Alta ou Suspensión. É dicir, non terán acceso aqueles que por algún motivo teñan a súa demanda en situación administrativa de Baixa.
Para acceder debes premer sobre o enlace etiquetado como Acceso mediante Pegada Dixital.

Na nova pantalla que aparecerá debes introducir no recadro correspondente o teu identificador de usuario (dito identificador o facilita a oficina de emprego cando capturan a túa pegada dixital).
Unha vez feito isto, deberás seguir as instruccións da pantalla. É dicir, debes colocar sobre o lector un dos dedos que se te indiquen, e premer sobre o botón denominado Analizar e seguir as instruccións que aparecerán na pantalla.
