Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Oficina virtual de Emprego > Axuda de acceso > Acceso con pegada dixital
 

Axuda: Acceso mediante pegada dixital

Como paso previo para poder utilizar este método de acceso debes acudir a túa oficina de emprego para que nela capturen as túas pegadas dixitais.

Para poder utilizar este método de acceso (unha vez que na oficina xa teñan rexistradas as túas pegadas dixitais) necesitas ter instalado no teu equipo un lector de pegada dixital, ou ben debes utilizar os chamados Puntos de información, máquinas que o Servizo Público de Emprego de Galicia pon ao servizo do usuario nalgunhas oficinas de emprego e concellos.

Só terán acceso á Oficina virtual os demandantes que teñan a súa demanda de emprego en situación administrativa de Alta ou Suspensión. É dicir, non terán acceso aqueles que por algún motivo teñan a súa demanda en situación administrativa de Baixa.

Para acceder debes premer sobre o enlace etiquetado como Acceso mediante Pegada Dixital.

PegadaDixital

Na nova pantalla que aparecerá debes introducir no recadro correspondente o teu identificador de usuario (dito identificador o facilita a oficina de emprego cando capturan a túa pegada dixital).

AccesoPegadaDixital2

Unha vez feito isto, deberás seguir as instruccións da pantalla. É dicir, debes colocar sobre o lector un dos dedos que se te indiquen, e premer sobre o botón denominado Analizar e seguir as instruccións que aparecerán na pantalla.

Acceso con Pegada dixital 2