O sistema mostra unha mensaxe xenérica indicando cos datos introducidos son erróneos ou ben que a situación administrativa da demanda é a de baixa, cando se da algún dos seguintes casos:
- O identificador de usuario introducido non é correcto. Debes volver a introducilo.
- O contrasinal introducido non é o correcto. Neste caso proba a introducilo de novo tendo en conta co sistema distingue entre maiúsculas e minúsculas; que non debes confundir o número 0 coa letra O; o número un (1) coa letra ele (l), etc.
- A situación administrativa é a de baixa. Os usuarios en dita situación non teñen acceso á oficina virtual ni a ningún servizo dos prestados polo SPEG tales como intermediación laboral, orientación laboral... Se estás nesta situación debes acudir a túa oficina de emprego e solicitar a alta.(ver excepción)
Non obstante, se estás seguro de cos datos introducidos son os correctos e que te encontras en alta, e aínda así non podes acceder á oficina virtual, podes comunicar tal circunstancia mediante o envío dun correo electrónico á dirección emprego@xunta.es
Se tes que renovar a túa demanda e non podes acceder á oficina virtual ten presente o que se di no apartado Obriga de renovar a demanda