Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Oficina virtual de Emprego > Axuda de acceso > Introduciu datos erróneos
 

Axuda: Introduciu datos erróneos ou está en baixa

O sistema mostra unha mensaxe xenérica indicando cos datos introducidos son erróneos ou ben que a situación administrativa da demanda é a de baixa, cando se da algún dos seguintes casos:

  • O identificador de usuario introducido non é correcto. Debes volver a introducilo.
  • O contrasinal introducido non é o correcto. Neste caso proba a introducilo de novo tendo en conta co sistema distingue entre maiúsculas e minúsculas; que non debes confundir o número 0 coa letra O; o número un (1) coa letra ele (l), etc.
  • A situación administrativa é a de baixa. Os usuarios en dita situación non teñen acceso á oficina virtual ni a ningún servizo dos prestados polo SPEG tales como intermediación laboral, orientación laboral... Se estás nesta situación debes acudir a túa oficina de emprego e solicitar a alta.(ver excepción)

Non obstante, se estás seguro de cos datos introducidos son os correctos e que te encontras en alta, e aínda así non podes acceder á oficina virtual, podes comunicar tal circunstancia mediante o envío dun correo electrónico á dirección emprego@xunta.es (Para poder atender axeitadamente a incidencia deberás identificarte indicandonos no correo o teu nome, apelidos e DNI ou NIE así como o motivo da consulta. O correo deberás envialo dende o enderezo de correo electrónico que teñas rexistrado na túa demanda de emprego no SPEG)

Se tes que renovar a túa demanda e non podes acceder á oficina virtual ten presente o que se di no apartado Obriga de renovar a demanda