Se esqueciches o teu contrasinal de acceso á oficina virtual podes solicitar un novo:
- ben acudindo persoalmente a túa oficina de emprego
- ou ben podes solicitalo enviando un correo electrónico á dirección speg@xunta.es indicando o teu nome, apelidos e identificador (DNI, NIE..). Debes enviar a petición dende a conta de correo electrónico que teñas rexistrada no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Se tes que renovar a túa demanda e non podes acceder á oficina virtual ten presente o que se di no apartado Obriga de renovar a demanda