Nas últimas versións do navegador Mozilla Firefox (versión 4.0 e superiores) ao acceder á oficina virtual pode aparecer a seguinte mensaxe de error:
(Error code: ssl_error_renegotiation_not_allowed)
Para poder acceder á oficina virtual deberá levar a cabo os seguientes pasos (IMPORTANTE teña moito coidado cos parámetros que cambia).
1. Na caixa do navegador, na que se escriben as direccións das páxinas web, escribir about:config
2. Localice a propiedade security.ssl.renego_unrestricted_hosts,
3. Engada o valor emprego.xunta.es
Peche o navegador e abrao de novo.