A demanda de servizos é a petición ao Servizo Público de Emprego de Galicia dun posto de traballo, formación, orientación ou calquera outro servizo que oferte.
Enténdese por demanda de emprego á solicitude dun posto de traballo realizada no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Enténdese por demanda de formación á solicitude dun curso de formación ocupacional que permita mellorar o acceso dun demandante de emprego ao mundo laboral ou ben que mellore a situación actual dun traballador activo.
Enténdese por demanda de orientación á solicitude dunha cita para axudarlle a elixir para que postos de traballo cumpre o perfil e que cursos pode realizar para cumprir certo perfil.