O Servizo Público de Emprego de Galicia ofrece un catálogo de cursos de formación ocupacional clasificado por familias profesionais e especialidades que pode ser consultado polos demandantes de servizos e así seleccionar que cursos lles interesan máis para mellorar o seu perfil.
Unha vez seleccionados os cursos de interese, procédese á solicitude de inscrición aos mesmos.
Posteriormente a oficina valorará se o demandante de servizos cumpre os requisitos do curso e ten o perfil adecuado para asistir aos mesmos.
No caso de que o perfil do demandante non concorde cos requisitos do curso a oficina de emprego pode solicitar unha cita co demandante de servizo para orientalo sobre os cursos máis adecuados para facilitar o seu ingreso no mundo laboral.