Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Oficina virtual de Emprego > Carta de Servizos > Listaxe de ofertas e adscrición á oferta
 

Listaxe de ofertas e adscrición á oferta

O Servizo Público de Emprego de Galicia ofrece un catálogo de ofertas que pode ser consultado polos demandantes de servizos e así seleccionar que ofertas lles interesan máis.

Unha vez seleccionadas as ofertas de interese, procédese á solicitude de adscrición ás mesmas.

Posteriormente a oficina valorará se o demandante de servizos cumpre os requisitos da oferta e ten o perfil adecuado para a mesma procedendo a incluílo na lista de candidatos da oferta.

No caso de que o perfil do demandante non concorde cos requisitos da oferta a oficina de emprego pode solicitar unha cita co demandante de servizo para orientalo.

Unha vez que o perfil do demandante é válido para a oferta pídeselle confirmación de dispoñibilidade para a mesma ao demandante para proceder ao envío do currículo vitae ao empresario.