Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Oficina virtual de Emprego > Carta de Servizos > Recuperación demanda
 

Axuda: Recuperación da demanda

Os demandantes de emprego que teñan  a súa demanda en situación administrativa de Baixa e cumpran as condicións que se indican máis abaixo, poden cambiar a súa situación administrativa de Baixa a alta a través da oficina virtual.

As dúas condicións que deben darse conxuntamente para que poidan facer dito cambio de Baixa a Alta son as seguintes:

  • A demanda debe levar en situación administrativa de baixa trinta días ou menos
  • A causa da baixa debeu ser por colocación ou manifestación de colocación.

Cando un demandante que se encontre en situación administrativa de baixa (e cumpra as mencionadas condicións) intente acceder á oficina virtual ben con certificado dixital ou ben con DNI electrónico, recibirá un aviso por parte do sistema dandolle a opción de recuperar a súa demanda. Se o usuario acepta, a súa demanda pasará á situación administrativa de alta e accederá á oficina virtual. A demanda continuará en alta ata que por algún motivo volva a caer en baixa.

Esta funcionalidade da oficina virtual tan só está dispoñible para os usuarios que accedan con certificado dixital ou DNIe. Non está dispoñible para os usuarios que utilizan identificador de usuario e contrasinal.