Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Oficina virtual de Emprego > Oficina virtual móbil (MOBEM)
 

Axuda: Introdución

Android
Android
BlackBerry
BlackBerry
iOS
iOS
Windows Phone
Windows Phone

CAMBIO DE CERTIFICADO DA FNMT POLO DE VERISIGN
Debido ós problemas, alleos a MOBEM, xurdidos co certificado da FNMT nas últimas versións das distintas plataformas, tanto para o uso como para a instalación da aplicación, cambiouse o certificado da FNMT polo de VeriSign. Este novo certificado está incluido en todas as plataformas e non será necesaria ningunha instalación por parte do usuario.

O MOBEM é unha aplicación informática nativa para cada unha das plataformas móbiles máis empregadas na actualidade (Android, iOS, Blackberry OS, Windows Phone), que ten por obxectivo ampliar as formas de acceso aos servizos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) aos demandantes de emprego.

As funcionalidades que cubre a aplicación son:

  • Renovación da demanda de emprego.
  • Consulta da axenda (Pódense ver as datas de renovación da demanda, citas de orientación laboral, etc.)
  • Configuración dos datos da conta de usuario.

Para poder utilizar o MOBEM necesitas estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego e ter a túa demanda en situación administrativa de Alta.

  • Se non estás inscrito no SPEG a inscrición debes facela persoalmente na oficina de emprego que corresponde ao teu domicilio de residencia.(Buscador de oficinas de emprego)
  • Ademáis de estar en alta necesitarás un identificador de usuario e un contrasinal de acceso. Dito identificador e contrasinal son os mesmos que utilizas para acceder á oficina virtual do Portal de emprego. Se careces deles deberás solicitalos persoalmente na túa oficina de emprego (Seranche enviados á conta de correo electrónico que indiques). Con dito identificador e contrasinal poderás acceder tanto á oficina virtual do portal de emprego como á aplicación MOBEM.

A comunicación entre o terminal e o SPEG realizase mediante unha canle cifrada SSL.

Recomendacións de seguridade:

  • Se algunha vez accedes a MOBEM dende outro terminal que non sexa o teu comproba que non teña activada a funcionalidade de gardar contrasinal (consulta o apartado preferencias do manual de uso específico de Android, iOS, Blackberry OS ou Windows Phone).
  • Se vendes ou regalas o terminal lembra borrar toda a configuración do mesmo ou desinstala a aplicación.
  • Se sufres o roubo do terminal e desexas impedir o acceso á aplicación MOBEM co contrasinal, accede á oficina virtual do portal de emprego e cambia o contrasinal. Lembra co contrasinal serve tanto para acceder á oficina virtual do portal de emprego como a MOBEM.(Se non lembras o contrasinal de acceso podes acceder á oficina virtual do portal de emprego mediante certificado dixital ou DNI electrónico).

Plataformas nas que se pode instalar a aplicación:

Normativa aplicable: Artigos 17,1, 17,2 24.3,25.4 e 47 do Real Decreto lexislativo 5/2000 d 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social (BOE núm. 189, do 8 de agosto).