Actividades do centro
As competencias do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia inclúen diversas liñas de actuación que abranguen aspectos formativos, divulgativos ou sensibilizadores sobre o uso, coñecemento e dominio dos diferentes medios ou ferramentas tecnolóxicas dirixidas a optimizar a planificación, xestión e desenvolvemento de proxectos, garantindo a calidade dos resultados e, por tanto, dos servizos ofertados.
Son funcións do Centro:
- Ofertar e desenvolver actividades formativas dirixidas á formación de profesionais cualificados.
- Convocar xornadas orientadas a dar a coñecer novas ferramentas, participar novidades normativas ou sensibilizar sobre os beneficios asociados ao uso de determinados medios.
- Impulsar a implantación das TIC e dos sistemas de xestión do coñecemento.
- Promover e celebrar seminarios, con posible inclusión de mesas de debate, que ofrezan visións globais de determinadas solucións tecnolóxicas.