Guía de bolsas e axudas para desempregados/as, exercicios 2020 e 2021

 

O procedemento de concesión de subvencións para a obtención de bolsas e axudas regúlase mediante a Orde do 17 de novembro de 2020 (DOG núm. 235, do 20 de novembro) e pola Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se modifica parcialmente a Orde do 17 de novembro (DOG núm. 14, de 22 de xaneiro de 2021). Mediante esta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2020 e 2021 (código do procedemento TR301V).

INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO: En relación ás bolsas e axudas que se soliciten para as accións formativas impartidas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, poderán chamar ao teléfono 881 997 803 ou enviar un correo ao enderezo electrónico administración.cnt@xunta.gal para solicitar información ou consultar calquera dúbida que se lles presente.
 
 
NOTAS ACLARATORIAS: A información que se recolle nos seguintes puntos é orientativa, polo que as persoas interesadas deberán acceder ao texto orixinal da orde publicado no Diario Oficial de Galicia e coñecer o seu contido antes de presentar a súa correspondente solicitude.
  • Persoas beneficiarias (artigo 3 da orde):
    • Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións recollidas nesta orde aquelas persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 da orde e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nela e nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda, nos termos do disposto no capítulo IV e no anexo II da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.
    • Terán a condición de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia na data de inicio da acción formativa ou no momento da súa incorporación á dita acción formativa.
    • Neste artigo 3 regúlase a casuística daquelas persoas que cambien de situación laboral durante o desenvolvemento do curso, pasando de desempregadas a ocupadas ou viceversa.
    • A persoa beneficiaria debe comprometerse a manter os requisitos que lle permiten o acceso á subvención durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de maneira que se deixa de cumprilos, estará obrigada a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles dende que se produza tal circunstancia.
  • Prazo de presentación das solicitudes (artigo 17 da orde)
    • A persoa traballadora desempregada terá que presentar a súa solicitude no prazo dun mes dende a incorporación á acción formativa, ou dende que teña lugar o feito causante que determina o dereito, coa data límite do 30 de novembro de 2021.
    • A presentación da solicitude fóra de prazo dará lugar á súa inadmisión sen máis trámites, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Modo de presentación das solicitudes (artigo 15 da orde)
    • No tocante ás persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas impartidas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, as solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Formación e Colocación e, para iso, terán que sinalar no cadro correspondente da solicitude do anexo I a opción que corresponda (parte inferior da solicitude).
    • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do anexo I, procedemento TR301V, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • Opcionalmente, as solicitudes poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común (o CNTG non é competente para recoller e rexistrar as solicitudes).
    • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
    • O procedemento asociado para realizar a presentación é o "TR301V".
  • Réxime de concesión das bolsas e axudas (artigo 4 da orde)
    • As subvencións reguladas nesta orde son todas compatibles e acumulables entre si, agás a axuda por transporte público e a axuda por transporte en vehículo propio que son incompatibles entre elas.
    • As bolsas de asistencia para persoas cunha discapacidade recoñecida nun grao igual ou superior ao 33 % e para as persoas que participen nunha acción formativa solicitada dende o seu IPE (itinerario persoal individualizado de emprego) non se poderán percibir simultánea e acumulativamente.
    • O dereito do alumnado a percibir as bolsas e axudas recollidas nesta orde referirase a cada día de asistencia na correspondente acción acción formativa, debidamente acreditada e recollida a través dos medios de control da asistencia aplicables.
  • Tipos de bolsas e axudas (artigos do 5 ao 9 da orde)
    • Bolsas de asistencia (art. 5):
    1. Para persoas con discapacidade
    2. Para persoas que participan nunha acción formativa do seu IPE
    • Axudas de transporte (art. 6):
    1. Transporte público urbano
    2. Transporte público interurbano
    3. Transporte en vehículo propio
    • Axudas de manutención (art. 7)
    • Axudas á conciliación (art. 8)
    • Axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero (art. 9)
      
Códigos SICAS dos cursos da programación 2020/2021
Curso Quenda Código
 Administración avanzada de sistemas operativos Linux - LPIC2 --- XTIFCT2011
 Administración da base de datos MySQL Mañá XTIFCI2002
 Administración da base de datos Oracle 12c Tarde XTIFCI2001
 Administración de redes - CCNA Tarde XTIFCC2001
 Administración de sistemas operativos Linux - LPIC1 --- XTIFCT2009
 Administración de sistemas operativos Linux - LPIC1 --- XTIFCT2010
 CCNA CyberOps Associate Tarde XTIFCT2001
 CCNP ENCOR Tarde XTIFCC2002
 Certified Computer Hacking Forensic Investigator Mañá XTIFCT2003
 Certified Computer Hacking Forensic Investigator Tarde XTIFCT2004
 Certified Ethical Hacker Mañá XTIFCT2005
 Certified Ethical Hacker Tarde XTIFCT2006
 Desenvolvemento de aplicacións web con Angular --- XTIFCD2001
 Dirección de proxectos - Preparación para o exame de certificación PMP ed. 6 Tarde XTIFCP2013
 Google Cloud Architect Mañá XTIFCT2007
 Google Cloud Architect Tarde XTIFCT2008
 Instalación, configuración e xestión de VMware vSphere v6.7 Mañá XTIFCT2012
 Introdución á programación de videoxogos con Unity Mañá XTIFCD2006
 Introdución á programación de videoxogos con Unity Tarde XTIFCD2007
 Introdución á programación en Java --- XTIFCD2002
 Introdución á programación en Java --- XTIFCD2003
 Introdución ás bases de datos relacionais --- XTIFCI2003
 Introdución ás bases de datos relacionais --- XTIFCI2004
 ITIL Foundation Mañá XTIFCP2001
 ITIL Foundation Tarde XTIFCP2002
 ITIL Foundation Mañá XTIFCP2003
 ITIL Foundation Tarde XTIFCP2004
 ITIL 4 Specialist: Create, Deliver and Support Mañá XTIFCP2005
 ITIL 4 Strategist: Direct, Plan and Improve Tarde XTIFCP2006
 Kanban e Lean para a xestión áxil de proxectos TIC Mañá XTIFCP2009
 Kanban e Lean para a xestión áxil de proxectos TIC Tarde XTIFCP2010
 PRINCE2 Foundation Mañá XTIFCP2007
 PRINCE2 Foundation Tarde XTIFCP2008
 Programación en Python Mañá XTIFCD2004
 Programación en Python Tarde XTIFCD2005
 Scrum Master ¿ Certificación Scrum Manager Mañá XTIFCP2011
 Scrum Master ¿ Certificación Scrum Manager Tarde XTIFCP2012
 Seguridade en IoT Tarde XTIFCT2002
 VMware: optimización e escalado Tarde XTIFCT2013

 

 
Códigos SICAS dos cursos da programación 2019/2020
Curso Quenda Código
 Administración avanzada do SO Red Hat Linux - RHEL Mañá XTIFCT1914
 Administración avanzada do SO Red Hat Linux - RHEL Tarde XTIFCT1915
 Administración da BBDD Oracle 12c Tarde XTIFCI1903
 Administración de bases de datos MySQL Mañá XTIFCI1904
 Administración de redes - CCNA Mañá XTIFCC1901
 Administración de sistemas operativos Linux - LPIC1 -- XTIFCT1911
 Administración de sistemas Windows Server 2016 Tarde XTIFCT1913
 AWS Certified Developer Mañá XTIFCD1901
 AWS Certified Developer Tarde XTIFCD1902
 AWS Certified SysOps Administrator Mañá XTIFCT1901
 AWS Certified SysOps Administrator Tarde XTIFCT1902
 AWS Solutions Architect Associate Mañá XTIFCT1903
 AWS Solutions Architect Professional Tarde XTIFCT1904
 CCNP Route Tarde XTIFCC1902
 Certified Computer Hacking Forensic Investigator Mañá XTIFCT1905
 Certified Computer Hacking Forensic Investigator Tarde XTIFCT1906
 Certified Ethical Hacker Mañá XTIFCT1907
 Certified Ethical Hacker Tarde XTIFCT1908
 Científico/a de datos Big Data Cloudera Tarde XTIFCI1901
 Desenvolvemento Big Data Cloudera para Spark e Hadoop Tarde XTIFCD1903
 Dirección de proxectos - CAPM Mañá XTIFCP1903
 Dirección de proxectos - PMP Mañá XTIFCP1904
 Dirección de proxectos - PMP Tarde XTIFCP1905
 Dirección de proxectos áxiles - PMI ACP Tarde XTIFCP1906
 Google Cloud Architect Mañá XTIFCT1909
 Google Cloud Architect Tarde XTIFCT1910
 Google Cloud Certified Professional Cloud Developer Mañá XTIFCD1904
 Google Cloud Certified Professional Data Engineer Tarde XTIFCI1902
 Instalación, configuración e xestión de VMware vSphere v6.5 Mañá XTIFCT1916
 Instalación, configuración e xestión de VMware vSphere v6.5 Tarde XTIFCT1917
 Introdución á programación en Java -- XTIFCD1906
 Introdución ás bases de datos relacionais -- XTIFCI1905
 ITIL Foundation Mañá XTIFCP1901
 ITIL Foundation Tarde XTIFCP1902
 Kanban e Lean para a xestión áxil de proxectos TIC Mañá XTIFCP1909
 Kanban e Lean para a xestión áxil de proxectos TIC Tarde XTIFCP1910
 PRINCE2 Foundation Mañá XTIFCP1907
 PRINCE2 Foundation Tarde XTIFCP1908
 Programación Web con HTML5, JavaScript , CSS3 e ASP.NET -- XTIFCD1905
 Scrum Master ¿ Certificación Scrum Manager Mañá XTIFCP1911
 Scrum Master ¿ Certificación Scrum Manager Tarde XTIFCP1912
 Virtualización e alta dispoñibilidade con Linux - LPIC3 Tarde XTIFCT1912
 
 
 
Descargar en formato PDF