ITIL Foundation « Atrás
Tipo de edición Edición única mañá (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 30/11/2020
Data fin 04/12/2020
Certificación oficial Si
Exame ITIL 4 Foundations
Nº inscritos 200
Datos da edición
  • Período de inscrición : 28/10/2020 - 05/11/2020
  • Proba de selección : 16/11/2020 (10:00)
  • Horario : De luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 30/11/2020 - 04/12/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

ITIL 4 é a evolución do conxunto de mellores prácticas da xestión de servizos, proporciona un enfoque práctico e flexible para moverse ao novo mundo da Transformación Dixital e adopta un modelo operativo de punta a punta para a entrega e operación de produtos e servizos. Proporciona unha visión  holística que integra marcos como Lean IT, Agile e DevOps.

O curso será en aula virtual e a proba de selección realizarase en liña polo que tanto para a realización da proba como para o seguimento do curso é necesario que as persoas interesadas en participar conten cun ordenador con conexión a internet con altofalantes ou auriculares, micro e webcam.

Obxectivos :

O curso estará dirixido a que o alumnado:

  • Comprenda os conceptos principais da xestión de servizos
  • Comprenda como os principios guía de ITIL poden axudar a unha organización a adaptar a xestión do servizo
  • Comprenda as dimensións da xestión do servizo
  • Comprenda os compoñentes do Service Value System (SVS), as actividades da Service Value Chain (SVC) e as prácticas ITIL
  • Comprenda os conceptos clave de mellora continua
Dirixido a :

Todas aquelas persoas que participan das tecnoloxías da información e queiran comezar coa xestión do servizos ou que estean familiarizadas con versións anteriores de ITIL ou outros marcos e estean interesadas en coñecer o enfoque ITIL 4. Especialmente indicado para os seguintes roles: persoal soporte TI, consultores/as, executivos/as e xestores/as de empresas, propietarios/as de procesos, desenvolvedores/as TI, provedores/as de servizos e integradores/as de sistemas, entre outros.

Non terán menor prioridade as persoas que realizasen cursos de ITIL en versións anteriores.

 

Perfil do docente :

Instrutor en ITIL4 Foundation.

 

  • Duración :
    20 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • ITIL
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Módulo 1: Introdución

  • Orixes e evolución de ITIL
  • Situación actual da demanda e provisión de servizos baseados en tecnoloxía
  • Actividade de descubrimento
  • Conceptos crave relacionados á xestión de servizos
  • Conceptos crave relacionados á creación de valor
  • Conceptos crave nas relacións da xestión

Módulo 2: Principios guía

  • Os 7 principios guía: natureza, uso e relaciones

Módulo 3: As dimensións da xestión de servizos

  • Organización e persoas
  • Información e tecnoloxía
  • Asociados e subministradores
  • Value Streams e procesos

Módulo 4: Service Value System (SVS)

  • Descrición: compoñentes e propósito

Módulo 5: Service Value Chain (SVC)

  • Descrición, propósito, entradas e saídas de cada actividade: plan, improve, engage, design & transition, obtain/build, deliver & support
  • Relación entre SVC e SVS

Módulo 6: Continual improvement

  • Modelo e relacións cos principios guía 

Módulo 7: Prácticas de ITIL

  • Xestión xeral
  • Xestión de servizos
  • Control de cambios
  • Xestión de incidencias
  • Xestión de problemas
  • Xestión de peticións de servizo
  • Centro de atención ao usuario
  • Xestión do nivel do servizo
  • Xestión técnica

Módulo 8: Práctica do exame de certificación