Tipo de edición | Edición única (desempregados/as e ocupados/as) |
---|---|
Metodoloxía | Teleformación |
Tipo | CURSO |
Matrícula | Gratuíta |
Data inicio | 25/01/2021 |
Data fin | 10/03/2021 |
Certificación oficial | Si |
Exame | 1Z0-811 Java Foundations |
Nº inscritos | 200 |
Este curso, ten por obxecto dar a coñecer aos participantes as nocións e conceptos esenciais para iniciarse no desenvolvemento de aplicacións orientadas a obxectos coa linguaxe de programación Java. Ao longo da formación, os estudantes adentraranse en conceptos fundamentais para entender o paradigma da programación orientada a obxectos, coñecer a terminoloxía e sintaxe empregada no desenvolvemento de aplicacións coa linguaxe Java, así como darán os pasos necesarios para crear programas básicos en Java a través de exercicios prácticos de programación.
As probas de seleccion realizásense mediante plataforma online, sen necesidade de desprazamento presecial ao CNTG, a podra realizar o candidato inscrito ao curso desde o seu domicilio ou lugar de traballo, teniendo en cuenta que a plataforma online se abrira automaticamente a datar e hora indicada para iso.
O persoa inscrita recibirá un email desde a entidade adxudicataria co acceso a esta proba 2 dias antes da mesma.
A plataforma online de probas de selección é compatible coas versións estables máis recentes de todos a navegadores web e sistemas operativos máis populares (Windows, MacOS, Android ou calquera distribución Linux).
Polo tanto, para acceder á plataforma simplemente se necesitará un equipo de sobremesa, portátil con acceso a unha conexión estable a Internet.
Recomendable ter coñecemento/nivel medio de comprensión lectora en inglés, debido a que a proba de nivel pode incluír preguntas en inglés e o exame oficial de certificación ao que se opta en este curso xeralmente se realiza en Inglés.
Unha vez finalizada a formación, o alumnado estará en disposición dos coñecementos fundamentais achega do desenvolvemento de aplicacións con Java e de como implementar en Java os conceptos básicos en programación e en orientación a obxectos.
Este curso prepara aos asistentes para a consecución da titulación oficial como Java Foundations Certified Junior Associate unha vez superado o exame requirido para ese efecto.
Este curso está dirixido a aquelas persoas que desexen iniciarse no mundo da programación orientada a obxectos con Java, así como para aquelas persoas con vontade de ampliar o seu ámbito de competencia no mundo profesional da programación de aplicacións adentrándose no desenvolvemento de aplicacións con Java.
Para un correcto aproveitamento do curso recoméndase que os asistentes dispoñan de nocións mínimas de programación.
Recomendable ter coñecemento nivel medio comprensión lectora de inglés.
O equipo da empresa formadora está composto por persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica neste campo. O profesorado dispón das certificacións oficiais requiridas por Oracle para impartir este curso e pasou con éxito as probas de formación de formadores.
- Duración :
90 horas - Metodoloxía :
Teleformación - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Oracle Corporation
- Java
- Beneficios :
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Diploma de asistencia
- Módulos transversais :
- Igualdade de 10 horas
Introdución
- Acerca do curso
- Breve historia
- Configuración de Java
Desenvolvemento de Software Java
- O proceso de desenvolvemento de Software
- Que fai o meu programa?
- Introdución aos conceptos da programación Orientada a Obxectos
Tipos de Datos Java
- Que é unha variable?
- Datos Numéricos
- Datos de tipo Texto
- Conversión entre tipos de datos
- Entrada por teclado
Métodos Java e Librerías de Clases
- Que é un método?
- A declaración import e os Packages
- A clase String
- A clase Random
- A clase Math
Sentenzas de decisión
- Expresións Boleanas e construtores if/ else
- Comprendendo a execución de condicionais
- Sentenza switch
Construtores de iteración
- Iteracións for
- Iteracións while e do-while
- Uso de sentenzas break e continue
Creación de Clases
- Crear unha Clase?
- Instanciación de Obxectos
- Construtores
- Sobrescritura de Métodos
- Interacción e Encapsulación de Obxectos
- Variables e Métodos estáticos
Arrays e Excepcións
- Arrays unidimensionales
- Listas Array
- Xestión de excepcións
- Conceptos e técnicas de depuración de código
JavaFX
- Introdución a Java FX
- Cores e Formas
- Gráficos, Audio, e eventos de Mouse