Programación en Python « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 24/05/2021
Data fin 04/06/2021
Certificación oficial Si
Exame Certified Associate in Python Programming (PCAP)
Nº inscritos 200
Datos da edición
  • Período de inscrición : 14/04/2021 - 14/04/2021
  • Proba de selección : 06/05/2021 (16:00)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 24/05/2021 - 04/06/2021
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

Python é unha das linguaxes de programación de propósito xeral máis populares e estendidas a día de hoxe. Foi adoptado na maioría de sectores industriais -finanzas, medicina, análise de datos ...- e é fundamental para o desenvolvemento de destrezas crave no sector TIC: Big data, Machine learning, Data analysis, IoT ou estatística.

O presente curso oficial do Python Institute foi desenvolvido para formar alumnos/as nas habilidades necesarias para a programación en Python: deseñar, escribir, depurar e executar programas, ao mesmo tempo que se obteñen coñecementos fundamentais e habilidades de programación necesarias para o desenvolvemento web, a análise de datos ou a IoT, entre outros moitos campos.

Destacar, como valor engadido, que o presente curso prepara aos/as estudantes cara á superación da prestixiosa certificación oficial  PCAP –  Python  Certified  Associate  Programmer.

Ao obter a certificación  PCAP, asegúrase de que o/a participante estea completamente familiarizado/a con todo o relativo á linguaxe de programación  Python. Ao ser unha certificación de nivel  Associate, é o primeiro paso na carreira profesional dun/dunha programador/a que queira acreditarse co máximo recoñecemento no xa coñecido como a linguaxe da internet das cousas ( IoT).

As probas de  seleccion realizásense mediante plataforma  online, sen necesidade de desprazamento  presecial ao CNTG, a  poderá realizar o/a candidato/a rexistrado/a ao curso desde o seu domicilio ou lugar de traballo, tendo en conta que a plataforma online abrirase automáticamente na data e hora indicada para iso.

O/A candidato/a rexistrado/a  recibira un mail desde a entidade adxudicataria co acceso a esta proba 2 dias antes da mesma.

A plataforma  online de probas de selección é compatible coas versións estables máis recentes de todos a navegadores web e sistemas operativos máis populares (Windows,  MacOS, Android ou calquera distribución Linux).

Por tanto, para acceder á plataforma simplemente necesitarase un equipo de sobremesa, portátil  con acceso a unha conexión estable a Internet.

Obxectivos :

Ao finalizar o curso, o alumnado será capaz de realizar satisfactoriamente as seguintes tarefas:

  • Utilizar a sintaxe da linguaxe Python para deseñar sinxelos programas
  • Utilizar métodos e estruturas de decisión e bucles para determinar o fluxo de execución dun programa
  • Utilizar e construír módulos e paquetes para unha correcta organización do código
  • Coñecer as bases da programación orientada a obxectos
  • Utilizar e manipular referencias a obxectos e escribir código de xestión de erros
  • Manexarse satisfactoriamente na manipulación de arquivos

A formación tamén o preparará para o exame de certificación PCAP.

Dirixido a :

O curso está orientado a todos/as aqueles/as que desexen iniciar a súa carreira como programador/a en Python ou aprender unha nova linguaxe de programación. Así mesmo, tamén está dirixido a calquera perfil TIC (programadores/as e administradores/as de sistemas) que queiran incorporar Python á súa área de coñecemento e poder aplicalo no seu traballo.

A pesar de ser un curso introdutorio e para un maior aproveitamento da formación, recoméndase ter nocións básicas de programación.

Tamén é recomendable posuír un nivel medio de comprensión lectora en inglés.

Perfil do docente :

Formador/a con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispón das certificacións oficiais do Python Institute para impartir este curso.

  • Duración :
    40 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Python
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Conceptos básicos de programación en  Python:

  • O teu primeiro programa
  • Entrada e saída de datos
  • A función print()
  • A función input()
  • Tipos de datos
  • Uso e definición de variables
  • Operadores e expresións
  • Operadores aritméticos
  • Operadores relacionais
  • Prioridade entre operadores
  • Conversións entre tipos de datos

Bucles e estruturas de decisión en  Python:

  • Indentación do código
  • Estruturas de tipo if- else- elif
  • Estruturas de tipo while
  • Estruturas de tipo for
  • Uso de break e continue
  • Operacións lóxicas e a nivel de bits
  • Listas en Python
  • Matrices en Pyton

Funcións e estruturas de datos en Python:

  • Definición e uso de funcións
  • Argumentos por nome e por posición
  • Shadowing en funcións
  • Ámbitos de visibilidade
  • Variables globais
  • Recursividade
  • Tuplas en Python
  • Dicionarios en Python

Uso de módulos e paquetes en  Python:

  • Módulos e paquetes
  • Importación de módulos
  • Uso de módulos estándares
  • Definición e uso de módulos
  • Definición e uso de paquetes
  • Xestión de erros e excepcións
  • Strings en acción

Programación orientada a obxectos en  Python:

  • Conceptos básicos de  POO
  • Clases vs Obxectos
  • Definición e uso de propiedades
  • Definición e uso de métodos
  • Reflexión e  introspección
  • Herdanza: xerarquía de clases
  • Herdanza vs Composición
  • Herdanza simple vs Herdanza múltiple
  • Excepcións en Python
  • Anatomía dunha excepción
  • Definición e uso de excepcións propias
  • Generators e  Closures
  • Funcións lambda

Manipulación de arquivos en  Python