Introdución á programación de videoxogos con Unity « Atrás
Tipo de edición Edición única mañá (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 19/04/2021
Data fin 30/04/2021
Certificación oficial Si
Exame Unity Certified User: Programmer
Nº inscritos 141
Datos da edición
  • Período de inscrición : 12/03/2021 - 25/03/2021
  • Proba de selección : 05/04/2021 (10:00)
  • Horario : Do 19/04/2021 ao 30/04/2021, de 09:30 a 13:30 horas
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 19/04/2021 - 30/04/2021
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

Unity é un motor de desenvolvemento (ou motor de videoxogos) dos máis utilizados actualmente no sector dos videoxogos, un sector que hoxe en día xera máis ingresos que a música e o cinema combinados. O termo motor de videoxogo (game engine) fai referencia a un software o cal ten unha serie de rutinas de programación que permiten o deseño, a creación e o funcionamento dun contorno interactivo; noutras palabras, dun videoxogo.

Neste curso, o/a asistente aprenderá os fundamentos da linguaxe de programación C# dentro do software de Unity (Unity Editor) para crear videoxogos, aplicacións, realidade virtual, realidade aumentada e máis experiencias interactivas.

Ao longo do curso, o alumnado creará diversos proxectos con Unity Editor que lles axudarán a desenvolver os coñecementos e as habilidades necesarias para poder crear o seu propio videoxogo.

Tanto o curso como as probas de selección realizaranse mediante plataforma online, sen necesidade de desprazamento presencial ao CNTG, a poderá realizar o candidato rexistrado ao curso dende o seu domicilio ou lugar de traballo, tendo en conta que a plataforma  online se abrirá automaticamente na data e hora indicada para iso.

A persoa rexistrada recibirá un mail dende a entidade adxudicataria co acceso a esta proba 2 días antes da mesma.

A plataforma online de probas de selección é compatible coas versións estables máis recentes de todos os navegadores web e sistemas operativos máis populares (Windows, MacOS, Android ou calquera distribución Linux).

Polo tanto, para acceder á plataforma simplemente necesitarase un equipo de sobremesa, portátil con acceso a unha conexión estable a Internet.

Obxectivos :

Unha vez finalizado o curso o alumnado adquirirá os seguintes coñecementos e habilidades:

  • Depurar, resolver problemas e interpretar unha Interface de Programación de Aplicacións (API).
  • Crear código identificando que funcións utilizar en cada escenario.
  • Avaliar código podendo identificar posibles erros e propoñendo solucións.
  • Navegar pola interface demostrando un nivel de habilidades co Contorno de Desenvolvemento Integrado (IDE) de Unity para crear Máquinas de Estado Finito (FSM) funcionais.

Exame de certificación incluído: Unity Certified User: Programmer

Dirixido a :

Este curso vai dirixido a aquelas persoas que queiran adentrarse no mundo da programación e adquirir nocións básicas de nivel usuario do software Unity Editor.

A pesar diso, sería recomendable que o alumnado tivese algunhas nocións de programación orientada a obxectos.

Recomendable ter coñecemento nivel medio comprensión lectora de inglés.

Perfil do docente :

O noso persoal de formación son persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso Unity)para impartir estes cursos.

  • Duración :
    40 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Unity
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas
  • Módulo 1: Introdución á programación e ao motor de Unity
  • Módulo 2: Creando un script e engadindo instrucións ao xogo
  • Módulo 3: Control de fluxo, ferramentas de edición e convencións de nomes
  • Módulo 4: Movementos dos personaxes
  • Módulo 5: Cámaras en Unity
  • Módulo 6: Pipeline de arte a Unity
  • Módulo 7: Restrición de características do xogo
  • Módulo 8: Elementos User Inferface (UI) de Unity
  • Módulo 9: Trigger Events
  • Módulo 10: Efectos visuais e de audio
  • Módulo 11: Ferramentas Cronoloxía e Cinemachine
  • Módulo 12: Entity Component System (ECS)