Administración da base de datos Oracle 12c « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 12/04/2021
Data fin 12/05/2021
Certificación oficial Si
Exame Oracle Database Administration I | 1Z0-082
Nº inscritos 200
Datos da edición
  • Período de inscrición : 08/03/2021 - 11/03/2021
  • Proba de selección : 29/03/2021 (16:00)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:40 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 12/04/2021 - 12/05/2021
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

O curso ten por obxecto proporcionar un plan de estudos eficaz para os/as administradores/as de bases de datos na tecnoloxía Oracle Database. Adquírense as habilidades e coñecementos necesarios para instalar, configurar e manter a base de datos e preparar ao/á asistente para desempeñar todas as tarefas propias dun administrador ou administradora así como para obter a certificación oficial relacionada Oracle Database Administrator Certified Professional, recoñecida internacionalmente.

A proba de selección realizárase mediante plataforma online, sen necesidade de desprazamento presencial ao CNTG, a poderá realizar o/a candidato/a inscrito/a ao curso dende o seu domicilio ou lugar de traballo, tendo en conta que a plataforma online abrirase automaticamente á data e hora indicada para iso.

O/A candidato/a inscrito recibirá un mail dende a entidade adxudicataria co acceso a esta proba 2 días antes da mesma.

A plataforma online de probas de selección é compatible coas versións estables máis recentes de todos os navegadores web e sistemas operativos máis populares (Windows, MacOS, Android ou calquera distribución Linux).

Por tanto, para acceder á plataforma simplemente necesitarase un equipo de sobremesa, portátil con acceso a unha conexión estable a Internet.

Recomendable ter coñecemento/nivel medio de comprensión lectora en inglés debido a que a proba de nivel pode incluír preguntas en inglés e o exame oficial de certificación ao que se opta en este curso xeralmente realízase en inglés.

Obxectivos :

O curso ten por obxecto proporcionar un plan de estudos eficaz para os administradores e administradoras de bases de datos na tecnoloxía Oracle Database. Adquírense as habilidades e coñecementos necesarios para instalar, configurar e manter a base de datos e preparar ao asistente para desempeñar todas as tarefas propias dun administrador ou administradora así como para obter a certificación oficial relacionada Oracle Database Administrator Certified Professional, recoñecida internacionalmente.

Dirixido a :

Este curso está dirixido a aquelas persoas que queiran aprender a administrar a Base de Datos Oracle para converterse nun administrador sobre a base de datos líder do mercado e máis estendida en contornas empresariais.

Recomendable ter coñecemento nivel medio comprensión lectora de inglés.

Perfil do docente :

Os nosos/as formadores/as son persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais de Oracle para impartir estes cursos e pasaron con éxito as probas de formación de formadores/as.

  • Duración :
    96 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Oracle Corporation
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Módulo 1 - Base de Datos Oracle: Taller SQL 

  • Introdución á base de datos Oracle 
  • Recuperación de datos utilizando a sentenza SELECT 
  • Restrición e ordenación de datos 
  • Uso de funcións dunha única fila para personalizar a saída 
  • Chamadas a funcións de conversión e expresións condicionais 
  • Datos agregados utilizando funcións de grupo 
  • Mostrar datos de múltiples táboas utilizando unións entre táboas 
  • Utilización de subconsultas para resolver consultas 
  • O operador SET 
  • Sentencias de Manipulación de Datos (DML) 
  • Uso de sentenzas DDL para crear e xestionar táboas 
  • Outros obxectos de esquema
  • Control de acceso de usuario
  • Xestión de obxectos de esquema
  • Xestión de obxectos con vistas de dicionario de datos
  • Manipulación de xogos de datos grandes

Módulo 2 - Base de Datos Oracle: Taller de Administración 

  • Introdución
  • Arquitectura da Base de Datos 
  • Introdución a Oracle Database Cloud Services
  • Creación despregues de base de datos DBCS
  • Acceso á base de datos Oracle
  • Xestión de despregamentos de DBCS 
  • Creación de PDBs
  • Xestión de Oracle Net Services
  • Administración da seguridade de usuario
  • Xestión de espazo de almacenamento
  • Xestión de datos de UNDO
  • Crear e Xestionar TABLESPACES
  • Movemento de datos
  • Creación de claves de encriptación para as PDBs
  • Conceptos e configuración da copia de seguridade e a recuperación da base de datos
  • Monitoraxe do rendemento da base de datos
  • Axuste de SQL

Módulo 3 - Base de Datos Oracle: Copias de Seguridade e Recuperación 

  • Introdución 
  • Configurar para a recuperación 
  • Uso de RMAN Recovery Catalog 
  • Estratexias e terminoloxía de copias de seguridade 
  • Executar copias de seguridade 
  • Mellorar as copias de seguridade 
  • Uso de copias de seguridade encriptadas 
  • Diagnostico de fallos de bases de datos 
  • Conceptos de restablecemento e recuperación 
  • Execución de recuperación 
  • RMAN e Oracle Secure Backup 
  • Execución de copias de seguridade e restore 
  • Uso de tecnoloxía flashback 
  • Xestión de espazo de copias de seguridade 
  • Duplicar unha base de datos 
  • Execución e mellora do rendemento con RMAN 
  • Taller de copia de seguridade e recuperación