Tipo de edición | Edición única mañá (desempregados/as e ocupados/as) |
---|---|
Metodoloxía | Virtual |
Tipo | CURSO |
Matrícula | Gratuíta |
Data inicio | 25/01/2021 |
Data fin | 12/02/2021 |
Certificación oficial | Si |
Exame | MySQL 8.0 Database Administrator / 1Z0-908 |
Nº inscritos | 200 |
Este programa formativo prepara aos e as asistentes cos coñecementos e habilidades necesarias para poder instalar, configurar e administrar MySQL Server de maneira profesional, configurar replicación e seguridade, realizar backups de bases de datos e tunning de rendemento e configurar parámetros de seguridade en bases de datos MySQL.
Ao longo da formación os e as asistentes recibirán os coñecementos necesarios para instalar unha base de datos MySQL, crear e executar estratexias de copia de seguridade, particionar a base de datos, xestionar os seus usuarios, crear procedementos almacenados, triggers, vistas, establecer limitacións en recursos, controis de acceso, etc.
As probas de seleccion realizaranse mediante plataforma online, sen necesidade de desprazamento presecial ao CNTG. A poderá realizar o/a candidato/a inscrito/a ao curso desde o seu domicilio ou lugar de traballo, tendo en conta que a plataforma online abrirase automaticamente na data e hora indicada para iso.
O/A candidato/a inscrito/a recibira un mail desde a entidade adxudicatoria co acceso a esta proba 2 dias antes da mesma.
A plataforma online de probas de selección é compatible coas versións estables máis recentes de todos os navegadores web e sistemas operativos máis populares (Windows, MacOS, Android ou calquera distribución Linux).
Polo tanto, para acceder á plataforma simplemente necesitarase un equipo de sobremesa, portátil con acceso a unha conexión estable a Internet.
Recomendable ter coñecemento/nivel medio de comprensión lectora en inglés debido a que a proba de nivel pode incluír preguntas en inglés e o exame oficial de certificación ao que se opta en este curso xeralmente realízase en inglés.
Ao final da formación o alumnado saberá:
- Describir a arquitectura de MySQL
- Actualizar MySQL
- Configurar opcións en tempo de execución
- Avaliar tipos de datos para mellorar o performance
- Entender o almacenamento InnoDB
- Realizar backup e operacións de restauración
O alumnado estará en disposición dos coñecementos recomendados para a superación dos exames de certificación oficial 1Z0-908 - MySQL 8.0 Database Administrator, requiridos para a obtención da credencial oficial OCP, Oracle Certified Professional, MySQL 8.0 Database Administrator.
Este curso está dirixido a aquelas persoas que queiran aprender a administrar a base de datos MySQL, para converterse nun/nunha administrador/a sobre a base de datos open source máis popular.
Recomendable nivel medio-alto de compresión lectora en inglés.
Os/As nosos/as formadores/as son persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso ORACLE) para impartir estes cursos e pasaron con éxito as probas de formación de formadores/as.
- Duración :
60 horas - Metodoloxía :
Virtual - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Oracle Corporation
- MySQL
- Beneficios :
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Diploma de asistencia
- Módulos transversais :
- Igualdade de 10 horas
Módulo 1: Fundamentos de MySQL
- Introdución a MySQL
- MySQL: Servidor e Cliente
- Consulta de datos de táboas
- Tipos de datos
- Unions e Joins
- Subconsultas
- Creación de bases de datos e táboas
- Modificación de bases de datos e táboas
- Modificación de datos dunha táboa
- Seguridade na Base de datos
- Copia de seguridade da base de datos
- JSON
Módulo 2: MySQL para administradores de bases de datos
- Introdución
- Instalación de MySQL
- Arquitectura de MySQL
- Configuración de MySQL
- Monitoraxe de MySQL
- Xestión de usuarios
- Seguridade de MySQL
- Mantemento dun sistema estable
- Optimización do rendemento de consultas
- Estratexias de copia de seguridade
- Realización de copias de seguridade
- Configuración da topoloxía de replicación
- Administración de topoloxía de replicación
- Replicación de grupo