Scrum Master - Certificación Scrum Manager « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 12/04/2021
Data fin 16/04/2021
Certificación oficial Si
Exame Scrum Master - Scrum Manager authority level 150
Nº inscritos 200
Datos da edición
  • Período de inscrición : 02/03/2021 - 02/03/2021
  • Proba de selección : 22/03/2021 (16:00)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 12/04/2021 - 16/04/2021
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

Este curso ofrece o coñecemento e comprensión necesaria para a adopción flexible de axilidade en empresas de software e doutros sectores con interese en aplicar metodoloxías áxiles na súa organización a nivel de equipos. Flexible porque ademais das prácticas concretas do modelo Scrum, cobre os principios e criterios para a súa adecuación á propia empresa e xestionar a súa mellora continua.

En concreto verase o marco de Scrum, como unha maneira de iniciar a implementación da axilidade nunha organización e exemplos concretos de aplicación en diversos equipos e empresas. Revisaranse os fundamentos de Kanban e recomendacións de boas prácticas na súa utilización por un equipo que desenvolve o seu traballo con Scrum. Ademais, veranse unhas nocións sobre escalado, co obxectivo de que o alumnado poida ter un horizonte de evolución na implantación de Scrum, cando hai necesidade de sincronizar dependencias entre varios equipos Scrum.

É unha formación baseada na práctica: simulacións de Scrum, plan de produto, product backlog, estimación áxil, taboleiros Kanban e vídeos relacionados. 

O alumnado que desexe realizar e supere o exame de certificación durante a última sesión do curso obterá a certificación profesional oficial "Scrum Master" da entidade certificadora Scrum Manager.

O curso será en aula virtual e a proba de selección realizarase en líña polo que tanto para a realización da proba como para o seguimento do curso cómpre que as persoas interesadas en participar conten cun ordenador con conexión a internet con altofalantes ou auriculares, micro e webcam.

O CNTG facilitará os correos electrónicos das persoas inscritas á empresa organizadora das probas para que esta poida crearlles e comunicarlles as ligazóns de acceso tanto á proba como ao curso.

 

Obxectivos :

Aprender e comprender:

  • As razóns, fortalezas e debilidades dos modelos de procesos e prácticas da industria do software
  • A xestionar proxectos e equipos de programación cos criterios de procesos e axilidade máis adecuados ás características da súa empresa e do seu produto
  • As fortalezas, debilidades e criterios de decisión entre xestión preditiva e xestión áxil
  • Os criterios e estratexias para a xestión áxil de proxectos/produtos e equipos para desenvolvemento de software
  • Todos os compoñentes do modelo Scrum de forma práctica: roles e responsabilidades, eventos, artefactos do equipo e métricas
  • Responsabilidades e estratexias da organización na implantación e mellora dunha "Scrum Management
Dirixido a :

Xestores/as de proxectos e empresas TIC, programadores/as, técnicos/as e profesionais ou estudantes interesados/as nas metodoloxías áxiles.

 

Perfil do docente :
  • Agile coach e formador/a senior
  • Formador/a oficial Srum y Scum Level Evaluator por Scrum Manager
  • Formador/a oficial (AKT) de Kanban University
  • Formador/a SAFe (Scaled Agile Framework) e SPC5 (SAFe Program Consultant) 
  • CSM (Certified Scrum Master) y CSPO - Certified Scrum Product Owner por Scrum Alliance
  • Agile coach con ampla experiencia profesional en transformacións áxiles de grandes organizacións, PEME e Administracións públicas

 

  • Duración :
    20 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Scrum Manager
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Fundamentos: 

  • Introdución
  • Manifesto áxil
  • O novo escenario
  • Ciclo de desenvolvemento tradicional
  • Ciclo de desenvolvemento áxil
  • Orixe de Scrum
  • Scrum técnico - Scrum avanzado

Artefactos e Eventos de Scrum como marco de xestión áxil:

  • Os compoñentes de Scrum
  • Pila de produto
  • Pila de sprint
  • Incremento
  • Reunión de planificación
  • Reunión diaria
  • Reunións de revisión e retrospectiva

Roles en Scrum:

  • O equipo Scrum
  • Roles e responsabilidades

Métricas e estimacións de Scrum:

  • Métricas
  • A velocidade
  • Unidades de estimación
  • Estratéxia de estimación

Gráficos de seguimento de Scrum:

  • Burn-up
  • Burn-down

Simulación Scrum

Kanban nun contexto Scrum:

  • Visualización e fluxo
  • Fortalezas de Kanban
  • Variables de Kanban

Simulación Kanban

Como escalar Scrum:

  • Equipo de equipos áxiles
  • SAFe - Scaled Agile Framework

Exame de certificación Scrum Manager