Certified Computer Hacking Forensic Investigator (virtual) « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 27/04/2020
Data fin 14/05/2020
Certificación oficial Si
Exame EC-Council 312-49 | Computer Hacking Forensic Investigator
Nº inscritos 200
Datos da edición
  • Período de inscrición : 31/03/2020 - 01/04/2020
  • Proba de selección : 15/04/2020 (17:00)
  • Horario : De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 27/04/2020 - 14/05/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

As tecnoloxías dixitais están a cambiar a maneira de facer negocios. As organizacións rapidamente aceptan as tecnoloxías dixitais como as nubes, big data, IoT e outras, facendo o contexto de investigación dixital máis relevante. O crecente número de ataques cibernéticos e crimes cambiou o rol de investigadores forenses de ADN a dixital.

CHFIv9, a última versión do programa foi deseñada por profesionais expertos/as no manexo de evidencias dentro de investigacións de cibercrímenes. Foi desenvolto por un panel de investigadores/as expertos/as da industria e ademais establecéronse os estándares para as mellores prácticas en investigación dixital. Tamén está dedicado a aumentar o nivel de coñecemento, comprensión e habilidades en ciberseguridade e investigación. O curso trata o uso de ferramentas de investigación tales como EnCase, Access Data FTK & ProDiscover proporcionando así as habilidades necesarias para a identificación de pegadas dixitais; ademais de incluír unha enorme recompilación de evidencias no caso de persecución penal incluíndo RAW, imaxes .dd, arquivos de audio e vídeo, arquivos MS Office, etc.

A certificación fortifica o nivel de aplicación de coñecementos de quen estea interesado/a na integridade das redes e investigacións dixitais e prepararalle para o exame de certificación CHFI 312-49.

Obxectivos :

O obxectivo da formación é axudarlle a dominar a metodoloxía dun/ha Hacker Forensic Investigator. Os/As asistentes, unha vez superado o exame correspondente, lograrán obter unha das certificacións de maior interese global: CHFI – Computer Hacking Forensic Investigator.

Ao finalizar este curso, o alumnado será capaz de:

  • Dar resposta a incidentes e forenses
  • Realizar recompilacións de evidencia electrónica
  • Realizar adquisicións forenses dixitais
  • Realizar bit-stream imaging / adquisición dos medios dixitais confiscados durante o proceso de investigación
  • Examinar e analizar texto, gráficos, multimedia e imaxes dixitais
  • Levar a cabo exames exhaustivos das unidades de disco duro do computador e outros medios de almacenamento de datos electrónicos
  • Recuperar información e datos electrónicos de discos duros de computadoras e outros dispositivos de almacenamento de datos
  • Seguir estritos procedementos de manexo de probas
  • Manter a pista de auditoría (é dicir, a cadea de custodia) e a integridade da evidencia
  • Facer traballos de exame técnico, análise e notificación de probas baseadas en computadoras
  • Preparar e manter os expedientes
  • Utilizar ferramentas forenses e métodos de investigación para atopar datos electrónicos, incluíndo historia de uso da internet, documentos de procesamento de textos, imaxes e outros arquivos
  • Reunir información volátil e non volátil de Windows, Mac e Linux
  • Recuperar arquivos e particións eliminados en Windows, Mac OS X e Linux
  • Realizar procuras de palabras chave incluíndo o uso de palabras ou frases obxectivo
  • Investigar eventos para evidenciar ameazas ou ataques internos
  • Apoiar a xeración de informes de incidentes e outras garantías
  • Investigar e analizar todas as actividades de resposta relacionadas con incidentes cibernéticos
  • Planificar, coordinar e dirixir as actividades de recuperación e as tarefas de análise de incidente
Dirixido a :

Este curso está dirixido a todos os interesados e interesadas en investigacións forenses dixitais, avogados/as, consultores/as legais, corpos de seguridade, exército, detectives e investigadores/as, responsables de incidentes e membros dos seus equipos, xerentes de seguridade da información, defensores de redes, profesionais TI, directores/as TI e xerentes, enxeñeiros/as en sistemas/redes, analistas e consultores/as de seguridade.

É altamente recomendable posuír coñecementos básicos de  ciberseguridade, investigación dixital e resposta de incidentes; así como comprensión lectora en inglés.
 

Perfil do docente :

Docentes con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica neste ámbito. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante, EC-Council, para impartir estes cursos.

  • Duración :
    48 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • EC-Council
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Módulo 01: A informática forense no mundo actual
Módulo 02: Proceso de investigación na informática forense
Módulo 03: Entendendo os discos duros e o sistema de ficheiros
Módulo 04: Adquisición e duplicación de datos
Módulo 05: Defensa contra técnicas anti-forense
Módulo 06: Análise forense do sistema operativo
Módulo 07: Forense de rede
Módulo 08: Investigación de ataques web
Módulo 09: Forense de base de datos
Módulo 10: Forense en cloud
Módulo 11: Forense de malware
Módulo 12: Investigación de ataques por email
Módulo 13: Forense en dispositivos móbiles
Módulo 14: Redacción e presentación de informes forenses