CCNP ENCOR « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 21/09/2020
Data fin 12/11/2020
Certificación oficial Si
Exame 350-104 ENCOR
Nº inscritos 201
Datos da edición
  • Período de inscrición : 26/08/2020 - 31/08/2020
  • Proba de selección : 10/09/2020 (16:30)
  • Horario : De luns a xoves de 17:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 21/09/2020 - 12/11/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

O curso de Implementación e Operación de Cisco Entreprise Network Core Technologies (ENCOR) está deseñado por Cisco para aqueles profesionais do networking que estean a buscar consolidarse como expertos en redes e internet así como para aqueles que, finalizada a súa formación académica, desexen orientar a súa carreira profesional na contorna do networking.

É unha formación avalada pola certificación de nivel profesional CCNP, unha das máis respectadas da industria. CCNP ENCOR, dá acceso ao exame de implementación e funcionamento das tecnoloxías principais da rede empresarial Cisco CCNP Enterprise: Core Networking (350-401 ENCOR) e céntrase no coñecemento da infraestrutura empresarial, incluída a dobre pila (IPv4 eIPv6), arquitectura, virtualización, infraestrutura, aseguramento da rede, seguridade e automatización.

Esta nova certificación aborda nunha única área un conxunto de tecnoloxías que se implementan habitualmente nas chamadas redes corporativas ou redes de campus: encamiñamento, conmutación, sen fíos, QoS, automatización e SDN.

O curso de 80 horas de duración, combina a formación teórica coa formación práctica mediante laboratorios reais e/ou virtuais. O curso amplía a comprensión arquitectónica e profunda nas habilidades de implementación requiridas polas redes empresariais.

Abarca os temas de switching, routing, tecnoloxía sen fíos e seguridade, xunto coas tecnoloxías que admiten redes programables definidas por software.

O curso será en aula virtual e a proba de selección realizarase en liña polo que tanto para a realización da proba como para o seguimento do curso é necesario que as persoas interesadas en participar conten con:

  • Correo electrónico
  • Computador (preferiblemente con Windows ou MacOs) con conexión a internet
  • Para o seguimento do curso é necesario que o equipo teña altofalantes ou auriculares, micro e webcam
Obxectivos :

Este curso ten como obxectivo formar a perfís técnicos na xestión, administración e resolución de incidencias en redes empresariais.

O curso de Implementación e Operación de  Cisco  Enterprise  Network  Core  Tecnologies (ENCOR), dota ao alumnado do coñecemento e as habilidades necesarias para configurar, solucionar problemas e administrar redes cableadas e sen fíos empresariais e dos coñecementos e habilidades para implementar os principios de seguridade dentro dunha rede empresarial, así como superpoñer o deseño da rede mediante o uso de solucións como SD-Access e SD- WAN.

A superación dos módulos que compoñen o curso prepara aos participantes para facer fronte ao exame de certificación  CCNP  Enterprise:  Core  Networking (350-104  ENCOR).

A posibilidade de presentarse ao exame por parte do alumno/a estará suxeita á superación do curso co aproveitamento esixido por Cisco e a obtención do correspondente  voucher académico que o acredite.
 

Dirixido a :

Está especialmente recomendado para estudantes que finalizasen un grao superior de FP do ámbito das telecomunicacións e da informática e para graduados de titulacións universitarias técnicas como Informática, Telecomunicacións, Física, Matemáticas ou Enxeñería Industrial, que desexen orientar a súa carreira profesional na contorna do networking. Tamén está altamente recomendado para traballadores en activo que desexen mellorar o seu nivel de cualificación ou para aqueles que traballaron na área de redes e sistemas e que desexan consolidarse como expertos nesta área.

Esta formación é especialmente adecuada para enxeñeiros e administradores de rede con polo menos un ano de experiencia que desexen profundar nas súas capacidades de deseño e administración de redes complexas.

Requisitos de acceso:

  • Non se require ningunha outra certificación previa, pero son valorables os coñecementos asociados á certificación CCNA ou a calquera das certificacións CCNP anteriores
  • Non terán menor prioridade as persoas que realizasen cursos de CCNP anteriores
  • En todo caso son recomendables coñecementos sobre implementación de redes LAN empresariais
Perfil do docente :

O docente é instructor acreditados polo programa Cisco Netacad e certificado nas especialidades que imparte. Ten máis de 5 anos de experiencia neste eido.
 

  • Duración :
    80 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas
  1. Reenvío de paquetes
  2. Protocolo Spanning Tree 
  3. Protocolo Spanning Tree avanzado
  4. STP múltiple
  5. Troncais VLAN e paquetes Etherchannel
  6. Aspectos básicos do enrutamento IP
  7. EIGRP
  8. OSPF
  9. OSPF avanzado
  10. OSPFv3
  11. BGP
  12. BGP avanzado
  13. Multicast
  14. QoS
  15. Servizos IP
  16. Overlay Tunnels
  17. Modulación e sinais inalámbricas
  18. Arquitectura inalámbrica
  19. Comprensión dos servizos de localización e itinerancia inalámbrica
  20. Autenticar clientes inalámbricos
  21. Solución de problemas de conectividade inalámbrica
  22. Arquitectura de rede empresarial
  23. Tecnoloxías fabric
  24. Aseguramento da rede
  25. Control de acceso seguro
  26. Control de acceso a dispositivos de rede e seguridade da infraestrutura
  27. Virtualización
  28. Conceptos fundamentais de programabilidade de redes
  29. Introdución ás ferramentas de automatización