Seguridade en IoT « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 07/06/2021
Data fin 18/06/2021
Certificación oficial Non
Nº inscritos 199
Datos da edición
  • Período de inscrición : 29/04/2021 - 29/04/2021
  • Proba de selección : 20/05/2021 (16:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 07/06/2021 - 18/06/2021
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

O rápido aumento do número de dispositivos IoT conectados permite a dixitalización de todo o mundo, pero, ao mesmo tempo, intensifica a exposición ás ameazas de seguridade.

Con este curso dotarase ao alumnado de recursos para empregar as tecnoloxías máis avanzadas para realizar avaliacións de riscos e vulnerabilidades e, a continuación, se investigará e recomendará aplicar estratexias de mitigación de riscos contra ameazas de seguridade comúns nos sistemas IoT.

O curso será en aula virtual e a proba de selección realizarase en liña, polo que tanto para a proba como para o seguimento do curso é necesario que as persoas interesadas en participar teñan:

  • Correo electrónico
  • Ordenador (preferentemente Windows ou MacOS) con conexión a Internet
  • Para seguir o curso é necesario que o equipo conte con altofalantes ou auriculares, micrófono e cámara web
Obxectivos :

O curso IoT Fundamentals: IoT Security ensínalles aos/ás estudantes as habilidades de “White Hat Hacker” orientadas a realizar avaliacións de vulnerabilidade e risco. Tamén investiga e recomenda estratexias de mitigación para as ameazas comúns de seguridade nos sistemas IoT.

Partindo duns coñecementos básicos e ao longo dos 6 temas do curso o alumnado será quen de acadar os obxectivos de coñecemento que o capaciten para detectar e mitigar as ameazas de seguridade nos sistemas IoT.

Dirixido a :

Está especialmente recomendado para estudantes de grao medio e superior de FP do ámbito da Telecomunicación e da Informática; para estudantes ou graduados/as de titulacións universitarias técnicas e tamén está altamente recomendado para traballadores/as en activo que busquen obter as habilidades de "White Hat Hacker".

Perfil do docente :

O persoal docente son instrutores/as acreditados/as polo programa Cisco NetAcad e certificados/as nas especialidades que imparten.

  • Duración :
    40 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas
  • IoT baixo ameaza
    • Desafíos
    • Casos de uso
  • Sistemas e arquitecturas IoT
    • Modelos de sistemas IoT
    • Modelos de seguridade IoT
    • Modelado de ameazas
  • Superficie de ataque nos dispositivos IoT
    • Introdución a dispositivos IoT
    • Vulnerabilidades e ataques ao hardware
    • Mitigación de ameazas na capa física
  • Superficie de ataque nas comunicacións IoT
    • A capa de comunicacións en IoT
    • Vulnerabilidades TCP/IP en IoT
    • Mitigación de ameazas IoT
  • Superficie de ataque nas aplicacións IoT
    • Aplicacións IoT
    • Mitigación
  • Vulnerabilidades e xestión de riscos nun sistema IoT
    • Avaliación de vulnerabilidades e pentesting en IoT
    • Avaliación de riscos
    • Innovación en seguridade IoT