CCNP ENCOR « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 18/05/2021
Data fin 30/06/2021
Certificación oficial Si
Exame Cisco 350-401: Implementing Cisco Enterprise Network Core Technologies (ENCOR)
Nº inscritos 200
Datos da edición
  • Período de inscrición : 15/04/2021 - 22/04/2021
  • Proba de selección : 30/04/2021 (16:30)
  • Horario : De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 18/05/2021 - 30/06/2021
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

O curso de Implementación e Operación de Cisco Entreprise Network Core Technologies (ENCOR) está deseñado por Cisco para aqueles/as profesionais do networking que estean a buscar consolidarse como expertos/as en redes e internet así como para aqueles/as que, finalizada a súa formación académica, desexen orientar a súa carreira profesional no contorno do networking. É unha formación avalada pola certificación de nivel profesional CCNP, unha das máis respectadas da industria. CCNP ENCOR, dá acceso ao exame de implementación e funcionamento das tecnoloxías principais da rede empresarial Cisco CCNP Enterprise: Core Networking (350-401 ENCOR) e céntrase no coñecemento da infraestrutura empresarial, incluída a dobre pila (IPv4 eIPv6), arquitectura, virtualización, infraestrutura, aseguramento da rede, seguridade e automatización. Esta nova certificación aborda nunha única área un conxunto de tecnoloxías que se implementan habitualmente nas chamadas redes corporativas ou redes de campus: encamiñamento, conmutación, sen fíos, QoS, automatización e SDN.

O curso de 160 horas de duración, combina a formación teórica coa formación práctica mediante laboratorios reais e/ou virtuais. O curso amplía a comprensión arquitectónica e profunda nas habilidades de implementación requiridas polas redes empresariais.

Abarca os temas de switching, routing, tecnoloxía sen fíos e seguridade, xunto coas tecnoloxías que admiten redes programables definidas por software.

O curso será en aula virtual e a proba de selección realizarase en liña polo que tanto para a realización da proba como para o seguimento do curso é necesario que as persoas interesadas en participar conten con:

  • Correo electrónico
  • Computador (preferiblemente con Windows ou MacOs) con conexión a internet
  • Para o seguimento do curso é necesario que o equipo teña altofalantes ou auriculares, micro e webcam

 

Obxectivos :

Este curso ten como obxectivo formar a perfís técnicos na xestión, administración e resolución de incidencias en redes empresariais.

O curso de Implementación e Operación de Cisco Enterprise Network Core Tecnologies (ENCOR), dota ao alumnado do coñecemento e as habilidades necesarias para configurar, solucionar problemas e administrar redes cableadas e sen fíos empresariais e dos coñecementos e habilidades para implementar os principios de seguridade dentro dunha rede empresarial, así como superpoñer o deseño da rede mediante o uso de solucións como SD-Access e SD-WAN.

A superación dos módulos que compoñen o curso prepara aos participantes para facer fronte ao exame de certificación CCNP Enterprise: Core Networking.

A posibilidade de presentarse ao exame por parte do alumno/a estará suxeita á superación do curso co aproveitamento esixido por Cisco e a obtención do correspondente voucher académico que o acredite.

 

Dirixido a :

Está especialmente recomendado para estudantes que finalizasen un grao superior de FP do ámbito das telecomunicacións e da informática e para graduados/as de titulacións universitarias técnicas como Informática, Telecomunicación, Física, Matemáticas ou Enxeñería Industrial, que desexen orientar a súa carreira profesional no contorno do networking. Tamén está altamente recomendado para traballadores/as en activo que desexen mellorar o seu nivel de cualificación ou para aqueles/as que traballaron na área de redes e sistemas e que desexan consolidarse como expertos/as nesta área.

Esta formación é especialmente adecuada para enxeñeiros/as e administradores/as de rede con polo menos un ano de experiencia que desexen profundar nas súas capacidades de deseño e administración de redes complexas.

Requisitos de acceso:

  • Non se require ningunha outra certificación previa, pero son valorables os coñecementos asociados á certificación CCNA ou a calquera das certificacións CCNP anteriores
  • En todo caso son recomendables coñecementos sobre implementación de redes LAN empresariais

 

Perfil do docente :

Os/As docentes son instrutores/as acreditados/as polo programa Cisco Netacad e certificados/as nas especialidades que imparten. Teñen máis de 5 anos de experiencia neste eido.

  • Duración :
    160 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas
  • Packet Forwarding
  • Spanning Tree Protocol
  • Advanced Spanning Tree Protocol
  • Multiple STP
  • VLAN trunks and Etherchannel Bundles
  • IP routing essentials
  • EIGRP
  • OSPF
  • Advanced OSPF
  • OSPFv3
  • BGP
  • Advanced BGP
  • Multicast
  • QoS
  • IP services
  • Overlay Tunnels
  • Wireless Signals and Modulation
  • Wireless Architecture
  • Understanding Wireless Roaming and Location Services
  • Authenticating Wireless Clients
  • Troubleshooting Wireless Connectivity
  • Enterprise Network Architecture
  • Fabric Technologies
  • Network Assurance
  • Secure Access Control
  • Network Device Access Control and Infrastructure Security
  • Virtualization
  • Foundational Network Programmability Concepts
  • Introduction to Automation tools