Certified Ethical Hacker « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 23/09/2019
Data fin 10/10/2019
Certificación oficial Si
Exame CEH 312-50: Certified Ethical Hacker
Nº inscritos 134
Datos da edición
  • Período de inscrición : 28/08/2019 - 10/09/2019
  • Proba de selección : 12/09/2019 (16:00)
  • Horario : De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 23/09/2019 - 10/10/2019
  • Criterios de selección :
    • Proba previa técnica

A formación CEH versión 10 (CEHv10) é unha das certificacións máis avanzadas do mundo en materia de Hacking Ético e Auditoria de Seguridade de Sistemas Informáticos. Este programa cobre a maioría dos dominios que un Hacker Ético debe coñecer para estar en posesión dos coñecementos e competencias necesarias do sector da seguridade da información. O alumno terá acceso a un amplo abanico de ferramentas (aprox. 2.200) de hacking e a máis de 2.200 diapositivas especialmente deseñadas para axudarlle a dominar os complexos conceptos da seguridade.

Obxectivos :

O obxectivo da formación é axudarlle a dominar a metodoloxía dun Hacker Ético, a cal poderá ser utilizada tanto nunha proba de  intrusión como en calquera situación de hacking ético. Os asistentes, unha vez superado o exame correspondente, lograrán obter unha das certificacións de hacking ético de maior interese global: Certified  Ethical  Hacker  -  CEH.

Dirixido a :

Este curso está dirixido particularmente a responsables de seguridade, auditores, profesionais de seguridade, administradores de sistemas e a quen estea interesados na seguridade dos sistemas de información.

Perfil do docente :

Os nosos formadores son persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso EC-Council ) para impartir estes cursos.

  • Duración :
    48 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • EC-Council
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Módulo 01: Introdución ao Hacking Ético
Módulo 02: Técnicas de Recoñecemento
Módulo 03: Escaneo de redes
Módulo 04: Enumeración
Módulo 05: Análise de vulnerabilidades
Módulo 06: Hacking de Sistemas
Módulo 07: Ameazas de Malware
Módulo 08: Sniffing
Módulo 09: Enxeñería Social
Módulo 10: Denegación de Servizos (DoS)
Módulo 11: Secuestro de Sesións
Module 12: Evasión de IDS, Firewalls e Honeypots
Módulo 13: Hacking de Servidores Web
Módulo 14: Hacking de Aplicacións Web
Módulo 15: Inxección de SQL
Módulo 16: Hacking de Redes Inalámbricas
Módulo 17: Hacking de Plataformas Móbiles
Módulo 18: Hacking  IoT
Módulo 19: Cloud computing
Módulo 20: Criptografía