Introdución á programación en Java - Teleformación « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Teleformación
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 29/10/2019
Data fin 13/12/2019
Certificación oficial Si
Exame 1Z0-811 Java Foundations
Nº inscritos 185
Datos da edición
  • Período de inscrición : 07/10/2019 - 20/10/2019
  • Proba de selección : 22/10/2019 (11:00)
  • Horario : Aproximadamente 13 horas de traballo semanal, sen horario fixo.
  • Número de prazas : 50 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 29/10/2019 - 13/12/2019
  • Criterios de selección :
    • Proba previa técnica

Este curso, ten por obxecto dar a coñecer aos participantes as nocións e conceptos esenciais para iniciarse no desenvolvemento de aplicacións orientadas a obxectos coa linguaxe de programación Java. Ao longo da formación, o alumnado adentrarase en conceptos fundamentais para entender o paradigma da programación orientada a obxectos, coñecer a terminoloxía e sintaxe empregada no desenvolvemento de aplicacións coa linguaxe Java, así como darán os pasos necesarios para crear programas básicos en Java a través de exercicios prácticos de programación. 

Obxectivos :

Unha vez finalizada a formación, o alumnado estará en disposición dos coñecementos fundamentais achega do desenvolvemento de aplicacións con Java e de como implementar en Java os conceptos básicos en programación e en orientación a obxectos.
 
O presente curso prepara aos asistentes para a consecución da titulación oficial como Java  Foundations  Certified Junior  Associate unha vez superado o exame requirido para ese efecto.

Dirixido a :

Este curso está dirixido a aquelas persoas que desexen iniciarse no mundo da programación orientada a obxectos con Java, así como para aquelas persoas con vontade de ampliar o seu ámbito de competencia no mundo profesional da programación de aplicacións penetrándose no desenvolvemento de aplicacións con Java.
 
Para un correcto aproveitamento do curso recoméndase que os asistentes dispoñan de nocións mínimas de programación.

Perfil do docente :

O equipo da empresa formadora está composto por persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica neste campo. O profesorado dispón das certificacións oficiais requiridas por Oracle para impartir este curso e pasou con éxito as probas de formación de formadores.

  • Duración :
    90 horas
  • Metodoloxía :
    Teleformación
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Oracle Corporation
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Introdución
• Acerca do curso
• Breve historia
• Configuración de Java 
 
Desenvolvemento de Software Java 
• O proceso de desenvolvemento de Software 
• Que fai o meu programa?
• Introdución aos conceptos da programación Orientada a Obxectos
 
Tipos de Datos Java 
• Que é unha variable?
• Datos Numéricos 
• Datos de tipo Texto
• Conversión entre tipos de datos 
• Entrada por teclado 
 
Métodos Java e Librerías de Clases 
• Que é un método?
• A declaración  import e os  Packages
• A clase  String 
• A clase  Random 
• A clase  Math
 
Sentenzas de decisión 
• Expresións  Boleanas e construtores  if/ else 
• Comprendendo a execución de condicionais 
• Sentenza  switch 
 
Construtores de iteración 
• Iteracións  for 
• Iteracións  while e  do- while 
• Uso de sentenzas  break e  continue 
 
Creación de Clases
• Crear unha Clase?
• Instanciación de Obxectos
• Construtores
• Sobrescritura de Métodos 
• Interacción e  Encapsulación de Obxectos
• Variables e Métodos estáticos
 
Arrays e Excepcións
• Arrays unidimensionales 
• Listas Array 
• Xestión de excepcións 
• Conceptos e técnicas de depuración de código 
 
JavaFX
• Introdución a Java  FX
• Cores e Formas 
• Gráficos, Audio, e eventos de Mouse