Google Cloud Architect « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 11/11/2019
Data fin 29/11/2019
Certificación oficial Si
Exame Google Cloud Certificed Associate Cloud Engineer
Nº inscritos 35
Datos da edición
  • Período de inscrición : 07/10/2019 - 20/10/2019
  • Proba de selección : 22/10/2019 (16:00)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 11/11/2019 - 29/11/2019
  • Criterios de selección :
    • Proba previa técnica

 Este curso ofrece un resumo dos produtos e servizos da plataforma Google Cloud. Combinando presentacións, demostracións e laboratorios, o alumnado aprenderá o valor da plataforma Google Cloud e como incorporar solucións baseadas na nube en estratexias comerciais. 

Tamén introduce aos servizos de plataforma e infraestruturas completos e flexibles ofrecidos por Google Cloud Platform.

Combinando presentacións, demostracións e laboratorios, explorararanse e implementarán elementos de solución, incluídos compoñentes de infraestrutura como redes, sistemas e servizos de aplicacións.

Este curso tamén abrangue a implementación de solucións prácticas que inclúen redes seguras interconectadas, claves de cifrado emitidas polo cliente, xestión de seguridade e acceso, taxas e distribución e control de recursos. O alumnado aprenderá a deseñar despregamentos GCP seguros e fiables; e como operar cos despregamentos de GCP dispoñibles e rendibles

Obxectivos :

Este curso ofrece un resumo dos produtos e servizos da plataforma Google Cloud. Combinando presentacións, demostracións e laboratorios, os estudantes aprenderán o valor da plataforma Google Cloud e como incorporar solucións baseadas na nube en estratexias comerciais.
 
Tamén introduce ao alumnado aos servizos de plataforma e infraestruturas completos e flexibles ofrecidos por Google Cloud Platform.
 
Combinando presentacións, demostracións e laboratorios, exploraranse e implementarán elementos de solución, incluídos compoñentes de infraestrutura como redes, sistemas e servizos de aplicacións.
 
Este curso tamén abrangue a implementación de solucións prácticas que inclúen redes seguras interconectadas, claves de cifrado emitidas polo cliente, xestión de seguridade e acceso, taxas e distribución e control de recursos. O alumnado aprenderá a deseñar despregamentos GCP seguros e fiables; e como operar cos despregamentos de GCP dispoñibles e rendibles.
 

Dirixido a :

Este curso está dirixido a:
 

  • Aquelas persoas que planean implementar aplicacións e crear contornos de aplicacións en Google Cloud Platform
  • Persoas desenvolvedoras, operadoras e arquitectas de sistemas que están a comezar coa plataforma Google Cloud
  • Executivos/as e empresarios/as que estean a avaliar o potencial da plataforma Google Cloud para atender ás súas necesidades

 
Debe estar familiarizado coa liña de comandos Linux, servidores web e editores de texto.

Debe ser capaz de entender documentación técnica en inglés.

Perfil do docente :

O equipo da empresa formadora está composto por persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica neste campo. O profesorado dispón das certificacións oficiais requiridas por Google Cloud para impartir este curso.

  • Duración :
    60 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Google Cloud
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas
  • Fundamentos de Google Cloud: Core Infrastructure
    • Introdución á plataforma Google Cloud
    • Comezo coa plataforma Google Cloud
    • Máquinas e redes virtuais na nube
    • Almacenamento en nube
    • Contedores en nube
    • Aplicacións en nube
    • Desenvolvemento, implementación e seguimento na nube
    • Big Data e Machine Learning na nube
  • Arquitectura con Google Cloud Platform: infraestrutura
    • Introdución á plataforma Google Cloud
    • Redes virtuais
    • Máquinas virtuais
    • Cloud IAM
    • Servizo de almacenamento de datos
    • Administración de recursos
    • Redes interconectadas
    • Equilibrio de carga
    • Abalo de carga
    • Autoescalado
    • Automatización de infraestruturas con API de Google Cloud Platform
    • Automatización de infraestruturas co Deployment Manager
    • Administración de servizos
    • Servizos de infraestruturas de aplicacións
    • Servizo de desenvolvemento de aplicacións
    • Contedores
  • Arquitectura con Google Cloud Platform: deseño e proceso
    • Definición de servizos
    • Deseño da capa de lóxica de negocio
    • Deseño da capa de datos
    • Deseño da capa de presentación 
    • Deseño para resistencia, escalabilidade e recuperación ante desastres
    • Deseño para seguridade
    • Planificación de capacidades e optimización de custos
    • Despliegue, monitoraxe, alerta e resposta de incidentes