Tipo de edición | Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as) |
---|---|
Metodoloxía | Virtual |
Tipo | CURSO |
Matrícula | Gratuíta |
Data inicio | 05/04/2021 |
Data fin | 16/04/2021 |
Certificación oficial | Si |
Exame | VMware Certified Professional - Data Center Virtualization 2021 (VCP-DCV 2021) |
Nº inscritos | 200 |
Este curso ensínalle habilidades avanzadas para configurar e manter unha infraestrutura virtual altamente dispoñible e escalable. A través dunha mestura de conferencias e laboratorios prácticos, configurará e optimizará as funcións de VMware vSphere 7 que constrúen unha base para unha infraestrutura verdadeiramente escalable, e discutirá cando e onde estas funcións teñen o maior efecto.
O curso será en aula virtual e a proba de selección realizarase en liña polo que tanto para a realización da proba como para o seguimento de curso é necesario que as persoas interesadas en participar conten cun ordenador con conexión a internet con altofalantes ou auriculares, micro e webcam.
É recomendable que, para non tener problemas con Webex, teña instalado Windows 10 no ordenador.
O CNTG facilitará os correos electrónicos das persoas inscritas á empresa organizadora das probas para que esta poida crearlles e comunicarlles as ligazóns de acceso tanto á proba como ao curso.
- Configurar e xestionar a rede e o almacenamento de vSphere para unha empresa grande e sofisticada
- Utilizar VMware vSphere Client para xestionar os certificados
- Utilizar Identity Federation para configurar VMware vCenter Server para utilizar Microsoft ADFS
- Utilizar VMware vSphere Trust Authority para asegurar a infraestrutura das máquinas virtuais cifradas
- Utilizar perfís de host para xestionar o cumprimento dos hosts de VMware ESXi
- Crear e xestionar unha biblioteca de contidos para despregar máquinas virtuais
- Xestionar o uso de recursos de VM con grupos de recursos
- Supervisar e analizar a indicadores clave de rendemento dos recursos de computación, almacenamento e rede para os hosts ESXi
- Optimizar o rendemento de ESXi e VMware vCenter Server
- Discutir o propósito e as capacidades de VMware vSphere con Kubernetes e como encaixa na carteira de VMware Tanzu
Administradores/as de sistemas experimentados/as, enxeñeiros/as de sistemas e integradores/as de sistemas que desexen aprender a proporcionar unha infraestrutura virtual altamente dispoñible e escalable.
Consultor/a con máis de 25 anos de experiencia de traballo en grandes empresas IT, desenvolvendo labores de preventa, soporte, formación e servizos profesionais. Máis de 12 anos como instrutor/a oficial de VMware.
- Duración :
40 horas - Metodoloxía :
Virtual - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- VMware
- Beneficios :
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Módulos transversais :
- Igualdade de 5 horas
- Introdución ao curso
- Escalabilidade da rede
- Escalabilidade do almacenamento
- Escalabilidade de host e de xestión
- Optimización da CPU
- Optimización da memoria
- Optimización do almacenamento
- Optimización da rede
- Optimización do rendemento do servidor vCenter
- Introdución a vSphere con Kubernetes