Administración da BBDD Oracle 12c « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 02/03/2020
Data fin 03/04/2020
Certificación oficial Si
Exame Oracle Database 12cR2 Administration 1Z0-072
Nº inscritos 91
Datos da edición
  • Período de inscrición : 30/01/2020 - 12/02/2020
  • Proba de selección : 17/02/2020 (16:00)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:40 horas. Non haberá clase os dias 19-20 marzo.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 02/03/2020 - 03/04/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica no cntg en santiago de compostela

O curso ten por obxecto proporcionar un plan de estudos eficaz para os administradores e administradoras de bases de datos na tecnoloxía Oracle Database. Adquírense as habilidades e coñecementos necesarios para instalar, configurar e manter a base de datos e preparar ao asistente para desenvolver todas as tarefas propias dun administrador ou administradora así como para obter a certificación oficial relacionada Oracle Database 12c R2 Administrator Certified Professional, recoñecida internacionalmente.

Obxectivos :

O curso ten por obxecto proporcionar un plan de estudos eficaz para os administradores e administradoras de bases de datos na tecnoloxía Oracle Database. Adquírense as habilidades e coñecementos necesarios para instalar, configurar e manter a base de datos e preparar ao asistente para desenvolver todas as tarefas propias dun administrador ou administradora así como para obter a certificación oficial relacionada Oracle Database 12c R2 Administrator Certified Professional, recoñecida internacionalmente.

Dirixido a :

Este curso está dirixido a aquelas persoas que queiran aprender a administrar a base de datos Oracle para converterse nun administrador ou administradora da base de datos líder do mercado e máis estendida en contornas empresariais.

Perfil do docente :

O equipo da empresa formadora está composto por persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica neste campo. O profesorado dispón das certificacións oficiais requiridas por Oracle para impartir este curso e pasou con éxito as probas de formación de formadores.

  • Duración :
    96 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Oracle Corporation
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Módulo 1: Base de Datos Oracle: Taller SQL

  • Introdución á base de datos Oracle
  • Devolución de datos utilizando a sentenza SELECT
  • Aprender a filtrar e ordenar datos
  • Uso de funcións dunha única fila e personalizar a saída
  • Chamadas a funcións de conversión e expresións condicionais
  • Datos agregados utilizando funcións de grupo
  • Mostrar datos de múltiples táboas utilizando unións entre táboas
  • Utilización de subconsultas para resolver consultas
  • O operador SET
  • Sentenzas de manipulación de datos (DML)
  • Uso de sentenzas DDL para crear e xestionar táboas

Módulo 2: Base de datos Oracle: Taller de administración

  • Arquitectura da base de datos
  • Xestión da instancia da base de datos
  • Configuración da contorna da rede de Oracle
  • Xestión de estruturas de almacenamento da base de datos
  • Administración da seguridade de usuario
  • Xestión de concorrencia de datos
  • Xestión de datos de UNDO
  • Implementación de auditorías na base de datos Oracle
  • Xestión de espazo
  • Conceptos de copias de seguridade e recuperación
  • Movemento de datos
  • Traballar con Oracle Support

Módulo 3: Base de datos Oracle: Taller de instalación e actualización

  • Instalar Oracle Grid Infraestructure para un servidor standalone
  • Instalar o software Oracle Database
  • Crear unha base de datos Oracle con DBCA
  • Usar Oracle Restart
  • Preparación da actualización a Oracle Database 12c
  • Actualizar a Oracle Database 12c
  • Executar tarefas post-actualización
  • Migración de datos con Oracle Data Pump

Módulo 4: Base de Datos Oracle: Copias de seguridade e recuperación

  • Introdución
  • Configurar para a recuperación
  • Uso de RMAN Recovery Catalog
  • Estratexias e terminoloxía de copias de seguridade
  • Executar copias de seguridade
  • Mellorar as copias de seguridade
  • Uso de copias de seguridade encriptadas
  • Diagnostico de fallos na base de datos
  • Conceptos de restablecemento e recuperación
  • Execución de recuperación
  • RMAN e Oracle Secure Backup
  • Execución de copias de seguridade e restore
  • Uso de tecnoloxía flashback
  • Xestión de espazo de copias de seguridade
  • Duplicar unha base de datos
  • Execución e mellora do rendemento con RMAN
  • Taller de copia de seguridade e recuperación