Certified Ethical Hacker « Atrás
Tipo de edición Edición única mañá (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 22/02/2021
Data fin 12/03/2021
Certificación oficial Si
Exame EC-Council 312-50: Certified Ethical Hacker (CEH)
Nº inscritos 200
Datos da edición
  • Período de inscrición : 19/01/2021 - 01/02/2021
  • Proba de selección : 08/02/2021 (10:00)
  • Horario : De luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 22/02/2021 - 12/03/2021
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

A formación CEH versión 11 ( CEHv11) dedica máis da metade do curso a habilidades prácticas a través dos laboratorios de EC- Council e a súa certificación está considerada unha das máis avanzadas do mundo en materia de Hacking Ético e Auditoría de Seguridade de Sistemas Informáticos. Entre as novidades máis destacables da versión 11 inclúense as seguintes características:

  • Conxunto das últimas ferramentas de hacking utilizadas por pentesters e profesionais da ciberseguridade
  • Foco en importantes áreas de especialización baixo o framework NIST/ NICE Protect and Defend (PR)
  • Desafíos de hacking ao final de cada módulo
  • Actualización dos módulos de Cloud e IoT para incorporar CSPs, tecnoloxías de contedores como Docker e Kubernetes, ameazas de Cloud computing e ferramentas de hackeo de IoT como Shikra, Bus Pirate, Facedancer21, etc.
  • Novos sistemas operativos como Windows Server 2019, Windows Server 2016 e Windows 10 configurados con controlador de dominio, firewalls e aplicacións web vulnerables para practicar e mellorar as habilidades de hacking
  • Últimas tácticas de análises de malware para ransomware, malware bancario e financeiro, botnets de IoT, análise de malware OT e Android

As probas de selección realizaranse mediante plataforma online, sen necesidade de desprazamento presencial ao CNTG, a poderá realizar o alumnado inscrito ao curso dende o seu domicilio ou lugar de traballo, tendo en conta que a plataforma online abrirase automaticamente na data e hora indicada para iso.

O alumnado inscrito recibira un mail dende a entidade adxudicataria co acceso a esta proba uns 2 días antes da mesma.

A plataforma online de probas de selección é compatible coas versións estables máis recentes de todos a navegadores web e sistemas operativos máis populares (Windows, MacOS, Android ou calquera distribución Linux).

Por tanto, para acceder á plataforma simplemente necesitarase un equipo de sobremesa, portátil con acceso a unha conexión estable de Internet.

Recomendable ter coñecemento/nivel medio de comprensión lectora en inglés debido a que a proba de nivel pode incluír preguntas en inglés e o exame oficial de certificación ao que se opta neste curso xeralmente realízase en Inglés.

Para seguir o curso é necesario que o equipo conte con altofalantes ou auriculares.

O CNTG facilitará os correos electrónicos das persoas inscritas á empresa organizadora das probas para que esta poida crearlles e comunicarlles as ligazóns de acceso tanto á proba como ao curso.

A inscrición poderá pecharse antes da data indicada no caso de superarse o máximo de 200 personas inscritas.

 

Obxectivos :

O obxectivo da formación é axudarlle a dominar a metodoloxía dun/dunha Hacker Ético/a, a cal poderá ser utilizada tanto nunha proba de intrusión como en calquera situación de hacking ético. Os asistentes, unha vez superado o exame correspondente, lograrán obter unha das certificacións de hacking ético de maior interese global:  Certified  Ethical  Hacker –  CEH.

Dirixido a :

Este curso está dirixido particularmente a responsables de seguridade, auditores/as, profesionais de seguridade, administradores/as de sistemas e a quen estea interesado/a na seguridade dos sistemas de información.

Recomendable ter coñecemento nivel medio comprensión lectora de inglés.

Perfil do docente :

Os nosos formadores e formadoras son persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais de EC Council, para impartir estes cursos.

 

  • Duración :
    60 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • EC-Council
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas
  • Módulo 01: Introdución ao Hacking Ético
  • Módulo 02: Técnicas de Recoñecemento
  • Módulo 03: Escaneo de redes
  • Módulo 04: Enumeración
  • Módulo 05: Análise de vulnerabilidades
  • Módulo 06: Hacking de Sistemas
  • Módulo 07: Ameazas de Malware
  • Módulo 08: Sniffing
  • Módulo 09: Enxeñería Social
  • Módulo 10: Denegación de Servizos (DoS)
  • Módulo 11: Secuestro de Sesións
  • Module 12: Evasión de  IDS, Firewalls e Honeypots
  • Módulo 13: Hacking de Servidores Web
  • Módulo 14: Hacking de Aplicacións Web
  • Módulo 15: Inxección de SQL
  • Módulo 16: Hacking de Redes sen fíos
  • Módulo 17: Hacking de Plataformas Móbiles
  • Módulo 18: Hacking  IoT
  • Módulo 19: Cloud computing
  • Módulo 20: Criptografía