AWS Certified Developer Associate « Atrás
Tipo de edición Edición única mañá (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 02/03/2020
Data fin 13/03/2020
Certificación oficial Si
Exame AWS Certified Developer - Associate
Nº inscritos 28
Datos da edición
  • Período de inscrición : 22/01/2020 - 10/02/2020
  • Proba de selección : 13/02/2020 (10:00)
  • Horario : De luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 02/03/2020 - 13/03/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica no CNTG en Santiago de Compostela

Developing on  AWS axuda aos desenvolvedores/as a comprender como se usa AWS SDK para desenvolver aplicacións de nube seguras e escalables. O curso proporciona información detallada sobre como interaccionar con AWS mediante código e trata conceptos esenciais, prácticas recomendadas e consellos para solucionar problemas

Obxectivos :

Este curso está deseñado para ensinarlle a que:

  • Configure o AWS SDK e as credenciais de desenvolvedor/a para Java, C#/.Net, Python e Javascript.
  • Utilice o AWS SDK para interactuar cos servizos de AWS e desenvolver solucións.
  • Utilice Amazon Simple Storage Service (Amazon S3) e Amazon DynamoDB como almacéns de datos.
  • Integre aplicacións e datos mediante Amazon Kinesis, AWS Lambda, Amazon Simple Queue Service (Amazon SQS), Amazon Simple Notification Service (Amazon SNS) e Amazon Simple Workflow Service (Amazon  SWF).
  • Utilice AWS Identity and Access Management (IAM) para a autenticación do servizo.
  • Utilice Web Identity Framework e Amazon Cognito para a autenticación do usuario.
  • Utilice Amazon ElastiCache e Amazon CloudFront para mellorar a escalabilidade da aplicación.
  • Implemente aplicacións usando AWS Elastic Beanstalk e AWS CloudFormation.
Dirixido a :

Este curso está dirixido a:

  • Desenvolvedores/as de software de nivel intermedio 
Perfil do docente :

Cloud  Engineer con  mais de 20  anos de experiencia en consultoría e formación. Especializado en Cloud computing,  DevOps,  Automation e  Docker/Kubernetes. É  Amazon  Authorized Instructor Champion, Google Cloud Platform Authorized Trainer e Docker Authorized Instructor

  • Duración :
    40 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Amazon Web Services
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

1. Crear a base

  • Introdución ao desenvolvemento en AWS
  • Elixir un almacén de datos
  • Desenvolver solucións de almacenamento con Amazon S3
  • Desenvolver solucións flexibles que non sexan de SQL con Amazon DynamoDB

2. Conectar aplicacións e datos mediante o procesamento dirixido por eventos

  • Traballar con eventos
  • Desenvolver solucións dirixidas por eventos coa transmisión de Amazon Kinesis
  • Desenvolver solucións dirixidas por eventos con Amazon SWF, Amazon SQS e  Amazon SNS
  • Desenvolver solucións dirixidas por eventos con AWS Lambda

3. Desenvolver e implementar aplicacións seguras e escalables

  • Desenvolver aplicacións seguras
  • Almacenar en caché información para a escalabilidade
  • Monitorar a aplicación e os recursos de AWS con Amazon CloudWatch
  • Implementar aplicacións usando AWS Elastic Beanstalk e AWS CloudFormation