Administración de sistemas operativos Linux - LPIC1 (Teleformación) « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Teleformación
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 09/03/2020
Data fin 20/05/2020
Certificación oficial Si
Exame Certificación LPI 101 - 400
Nº inscritos 309
Datos da edición
  • Período de inscrición : 21/01/2020 - 02/02/2020
  • Proba de selección : 10/02/2020 (10:00)
  • Número de prazas : 50 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 09/03/2020 - 20/05/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica no cntg en santiago de compostela

Este curso oficial constitúe o itinerario de formación e certificación deseñado pola organización internacional Linux Professional Institute (LPI) para a correcta preparación do seu nivel profesional de certificación LPIC-1: Administrador de Linux.

Desenvolvido dende unha orientación de aprendizaxe baseada na práctica, o curso proporcionará ao alumnado acceso a ferramentas a través das cales levará a cabo unha infinidade de laboratorios e escenarios reais que se propoñen ao longo da formación.

Debido ao gran número de inscritos/as, pechouse anticipadamente o período de inscrición.

 

Obxectivos :

Ao final do curso, os/as asistentes adquirirán habilidades profesionais para o desenvolvemento de tarefas de mantemento dende a liña de comandos, instalación e configuración dun equipo Linux e configuración de funcionalidades básicas de rede. O curso alíñase cos seguintes obxectivos da certificación LPIC 1:

  • Arquitectura de sistema
  • Instalación de Linux e mantemento de paquetes
  • Comandos GNU e Unix
  • Dispositivos, sistema de ficheiros Linux e xerarquía estándar dos sistemas de ficheiros Linux
  • Shells, scripting e administración de datos
  • Interfaces e escritorios
  • Tarefas de administración
  • Servizos básicos do sistema
  • Fundamentos da rede
  • Seguridade
Dirixido a :

Dirixido a persoas que queiran iniciarse profesionalmente na administración de sistemas operativos Linux.

Para o máximo aproveitamento do curso, recoméndase que os/as asistentes teñan coñecemento básico do sistema operativo Linux.

Perfil do docente :

O persoal docente conta con máis de 10 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos campos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso LPI) para impartir estes cursos e superaron con éxito as probas de formación de formadores/as.

  • Duración :
    140 horas
  • Metodoloxía :
    Teleformación
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • LPI
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

LPI 101-500: Administración de Linux - Primeira parte

  • Tema 101: Arquitectura de sistemas
  • Tema 102: Instalación de Linux e xestión de paquetes
  • Tema 103: Comandos GNU e UNIX
  • Tema 104: Dispositivos, sistemas de ficheiros Linux e xerarquía estándar do sistema de ficheiros

LPI 102-500: Administración de Linux - Parte 2

  • Tema 105: Intérpretes de comandos, guións e xestión de datos
  • Tema 106: Interfaces de usuario e escritorio
  • Tema 107: Tarefas administrativas
  • Tema 108: Servizo esencial do sistema
  • Tema 109: coñecementos básicos de rede
  • Tema 110: Seguridade