Virtualización e alta dispoñibilidade con Linux - LPIC-3 « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 26/02/2020
Data fin 17/03/2020
Certificación oficial Si
Exame 304-200: LPIC-3 Exam 304: Virtualization & High Availability Versión 2.0
Nº inscritos 42
Datos da edición
  • Período de inscrición : 21/01/2020 - 05/02/2020
  • Proba de selección : 10/02/2020 (16:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 26/02/2020 - 17/03/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica no CNTG en Santiago de Compostela

Este curso oficial LPI Linux transfire aos asistentes coñecementos avanzados en administración de sistemas operativos Linux a nivel de expertos na especialidade de administración e aplicación de técnicas en alta dispoñibilidade e virtualización de sistemas operativos Linux.

Obxectivos :

Ao longo do curso preséntanse conceptos e exercicios relacionados coa administración avanzada de sistemas corporativos Linux, especialmente no que se refire á alta dispoñibilidade e virtualización.

Introdución á virtualización. Xen. KVM. OpenVZ. VirtualBox. Linux Virtual Server. HAProxy. LinuxPMI. Xestión de Clúster. Pacemaker. Red Hat Cluster Suite. DRDB. Global File System. OCFS2. Coda. GlusterFS. AFS. Antes de afondar nos contidos relacionados coa virtualización e a alta dispoñibilidade e co desexo de contextualizar aos asistentes nas contornas de aplicación destas técnicas, realizarase unha revisión de conceptos asociados á administración de sistemas operativos Linux.

O curso preparará ao asistente no currículo deseñado pola prestixiosa institución LPI (Linux Professional Institute) para a preparación do exame de certificación de alta dispoñibilidade e virtualización correspondente ao nivel de certificación LPIC-3 (Senior Level Linux Professional).

Dirixido a :

Para un máximo aproveitamento do curso, recoméndase que os asistentes teñan coñecementos e experiencia avanzados no manexo dos sistemas operativos Linux a un nivel equivalente aos adquiridos a través do curso de "Administración avanzada dos sistemas operativos Linux - Certificación LPI Nivel 2".

Perfil do docente :

Os/As docentes son persoas con máis de 10 años de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso LPI) para impartir estes cursos e pasaron con éxito as probas de formación de formadores/as.

  • Duración :
    60 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • LPI
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Exam 304
Topic 330: Virtualization

  • 330.1 Virtualization Concepts and Theory
  • 330.2 Xen
  • 330.3 KVM
  • 330.4 Other Virtualization Solutions

Topic 331: Load Balancing

  • 331.1 Linux Virtual Server
  • 331.2 HAProxy
  • 331.3 LinuxPMI

 Topic 332: Cluster Management

  • 332.1 Pacemaker
  • 332.2 Advanced Pacemaker
  • 332.3 Red Hat Cluster Suite
  • 332.4 Advanced Red Hat Cluster Suite

 Topic 333: Cluster Storage

  • 333.1 DRBD
  • 333.2 Global File System and OCFS2
  • 333.3 Other Clustered File Systems.