Dirección de proxectos - CAPM « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 20/01/2020
Data fin 31/01/2020
Certificación oficial Si
Exame Certified Associate in Project Management - CAPM
Nº inscritos 64
Datos da edición
  • Período de inscrición : 10/12/2019 - 08/01/2020
  • Proba de selección : 13/01/2020 (10:00)
  • Horario : De luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 20/01/2020 - 31/01/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica no cntg en santiago de compostela

A certificación CAPM® está dirixida a persoas que busquen máis responsabilidade ou a engadir habilidades de xestión de proxectos dentro do seu papel actual. Ofrece recoñecemento para os/as que estean interesados/as ou están a comezar a súa carreira na xestión de proxectos, así como para os membros dos equipos de proxecto que desexen demostrar os seus coñecementos en Xestión de proxectos.

Este curso prepara aos/ás estudantes para o exame correspondente á 6ª edición do Project Management Body of Knowledge (PMBOK® Guide)  e indica o coñecemento dos principios e terminoloxía existentes nesa guía.

 

Obxectivos :

Que o alumnado coñeza os dominios, coñecementos e habilidades definidos no CAPM® Examination Content Outline que establece o Project Management Institute e que resultan avaliados no exame.

Que o alumnado adquira capacidade e rapidez para responder con éxito ás preguntas do exame.

Dirixido a :

Xefes/as de proxecto noveis, membros de equipos de proxecto, interesados/as en adquirir coñecementos fundamentais para a xestión de proxectos.

Perfil do docente :

Formador acreditado por PMI.

  • Duración :
    40 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • PMI
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

INTRODUCIÓN

  • Conceptos xerais
  • Contorno do proxecto
  • Papel do director/a do proxecto

XESTIÓN DA INTEGRACIÓN DO PROXECTO

  • Introdución
  • Desenvolver a acta de constitución do proxecto
  • Desenvolver o plan para a dirección do proxecto
  • Dirixir e xestionar o traballo do proxecto
  • Xestionar o coñecemento do proxecto
  • Monitorización e control do traballo do proxecto
  • Realizar o control integrado de cambios
  • Pechar o proxecto ou a fase

XESTIÓN DO ALCANCE DO PROXECTO

  • Introdución
  • Planificar a xestión do alcance
  • Reunir requirimentos
  • Definir o alcance
  • Crear o EDT
  • Validar o alcance
  • Controlar o alcance

XESTIÓN DO CRONOGRAMA DO PROXECTO

  • Introdución
  • Planificar a xestión do cronograma
  • Definir as actividades
  • Secuenciar as actividades
  • Estimar a duración das actividades
  • Desenvolver o cronograma
  • Controlar o cronograma

XESTIÓN DO CUSTO DO PROXECTO

  • Introdución
  • Planificar a xestión dos custos
  • Estimar os custos
  • Determinar o orzamento
  • Controlar os custos

XESTIÓN DA CALIDADE DO PROXECTO

  • Introdución
  • Planificar a xestión da calidade
  • Xestionar a calidade
  • Controlar a calidade

XESTIÓN DE RECURSOS DO PROXECTO

  • Introdución
  • Planificar a xestión dos recursos
  • Estimar os recursos das actividades
  • Adquirir os recursos
  • Desenvolver o equipo
  • Xestionar o equipo
  • Controlar os recursos

XESTIÓN DAS COMUNICACIÓNS DO PROXECTO

  • Introdución
  • Planificar a xestión das comunicacións
  • Xestionar as comunicacións
  • Monitorizar as comunicacións

XESTIÓN DOS RISCOS DO PROXECTO

  • Introdución
  • Planificar a xestión de riscos
  • Identificar riscos
  • Realizar a análise cualitativa dos riscos
  • Realizar a análise cuantitativa dos riscos
  • Planificar as respostas ós riscos
  • Implementar as respostas ós riscos
  • Supervisar os riscos

XESTIÓN DE ADQUISICIÓNS DE PROXECTO

  • Introdución
  • Planificar a xestión das adquisicións
  • Efectuar as adquisicións
  • Controlar as adquisicións

XESTIÓN DA PARTICIPACIÓN DE PARTES INTERESADAS

  • Introdución
  • Identificar as partes interesadas no proxecto
  • Planificar a participación das partes interesadas
  • Xestionar a participación das partes interesadas
  • Supervisar a participación das partes interesadas