Google Cloud Certified Professional Data Engineer « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 20/01/2020
Data fin 07/02/2020
Certificación oficial Si
Exame Google Cloud Certified Professional Data Engineer
Nº inscritos 56
Datos da edición
  • Período de inscrición : 10/12/2019 - 03/01/2020
  • Proba de selección : 09/01/2020 (17:00)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 20/01/2020 - 07/02/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica no cntg en santiago de compostela

Este curso introduce aos estudantes ás posibilidades de Google Cloud Platform Big Data. Combinando presentacións, demostracións e laboratorios, os/as estudantes terán un resumo da plataforma Google Cloud e unha visión detallada das posibilidades de procesamento de datos e aprendizaxe automática. Este curso amosa a facilidade, flexibilidade e o poder das solucións Big Data na plataforma Google Cloud.

Ademais proporciona ao alumnado unha introdución ao deseño e construción de sistemas de procesamento de datos en Google Cloud Platform. Mediante a combinación de demos e laboratorios, o alumnado aprenderá a como deseñar sistemas de procesado de datos, construír canles end- to- end, analizar datos e realizar machine learning. Este curso cobre datos estruturados, non estruturados e transferencia continua.

Obxectivos :

Ao finalizar a formación, o/a participante saberá:

  • Identificación o obxectivo e valor dos produtos crave de Big Data e Machine Learning en Google Cloud Platform.
  • Utilizar Cloud SQL e Cloud Dataproc para migrar traballos MySQL e Hadoop/ Pig/ Spark/ Hive a Google Cloud Platform.
  • Empregar BigQuery e Cloud Datalab para realizar análise de datos interactivos.
  • Adestrar e usar unha rede neuronal utilizando TensorFlow.
  • Empregar APIs MLL.
  • Escoller entre diferentes produtos de procesamento de datos en Google Cloud Platform
  • Deseñar e construír sistemas de procesamento de datos en Google Cloud Platform.
  • Procesar datos batch e transferencia continua implementando canles de autoescalado de datos en Cloud Dataflow.
  • Conseguir información de negoción de datasets enormes utilizando Google BigQuery.
  • Avaliar e predicir utilizando modelos machine learning utilizando Tensorflow e Cloud ML.
  • Facer uso de datos non estruturado utilizando Spark e APIs ML en Cloud Datapro.
  • Habilitar información instantánea da transferencia continua de datos.
Dirixido a :

Este curso está dirixido a:

  • Analistas de datos, científicos/as de datos e analistas de negocio que comecen con google Cloud Platform.
  • Aquela xente responsable de deseñar canles e arquitecturas para o procesamento de datos, crear e manter modelos estatísticos e machine learning, realizar consultas a dataset, visualizar resultados de consultas e crear ferramentas.
  • Executivos/as e responsables IT que estean a avaliar facer uso de Google Cloud Platform para uso de científico de datos.

Para sacar o máximo deste curso, os/as participantes deben ter:

  • Competencia básica cunha linguaxe de consultas, como SQL.
  • Experiencia con modelado, extracción, transformación e carga de datos.
  • Coñecemento en desenvolvemento de aplicacións utilizando unha linguaxe de programación común, coma Python.
  • Familiaridade con machines learning e/ou estatística.

Recomendable nivel medio-alto de compresión lectora en inglés.

Perfil do docente :

Os/As nosos/as formadores/as son persoas con ampla experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso Google) para impartir estes cursos.

  • Duración :
    60 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Google Cloud
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Google Cloud Platform Fundamentals: Big Data & Machine Learning

  • Introdución a Google Cloud
  • Platform Fundamentos de Computación e almacenamento
  • Análise de datos na nube
  • Escalando Análise de Datos
  • Machine Learning
  • Arquitectura de Procesamento de Datos
  • Conclusión

Data Engineering on Google Cloud Platform

  • Google Cloud Dataproc
  • Execución de traballos de Dataproc
  • Integración de Dataproc con Google Cloud Platform
  • Facendo sentido de datos non estruturados coas APIs de Machine Learning de Google
  • Análises de datos Serverless con BigQuery
  • Canles Serverless e autoescalado de datos con Dataflow
  • Comezo con Machine Learning
  • Construción de modelos ML con TensorFlow
  • Escalado de modelos ML con CloudML
  • Enxeñería característica
  • Arquitectura de canles analíticas de transferencia continua
  • Inxesta de volumes variables
  • Implementación de canles de transferencia continua
  • Análise de transferencia continua e paneis de información
  • Alto rendemento e baixa latencia con BigTable

Preparing for the Professional Data Engineer Examination

  • Comprender a certificación de Professional Data Engineer
  • Casos de éxito de mostra do exame de Professional Data Engineer
  • Deseño e compilación (suxerencias de revisión e preparación)
  • Análise e modelado (suxerencias de revisión e preparación)
  • Confiabilidade, políticas e seguridade (suxerencias de revisión e preparación)
  • Recursos e próximos pasos