Administración de bases de datos MySQL « Atrás
Tipo de edición Edición única mañá (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 27/01/2020
Data fin 14/02/2020
Certificación oficial Si
Exame MySQL 5.7 Database Administrator-1Z0-888
Nº inscritos 73
Datos da edición
  • Período de inscrición : 10/12/2019 - 03/01/2020
  • Proba de selección : 09/01/2020 (11:00)
  • Horario : De luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 27/01/2020 - 14/02/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica no cntg en santiago de compostela

Este programa formativo prepara ao alumnado cos coñecementos e habilidades necesarias para poder instalar, configurar e administrar MySQL  Server de maneira profesional, configurar replicación e seguridade, realizar  backups de bases de datos e  tunning de rendemento e configurar parámetros de seguridade en bases de datos MySQL. 
 
Ao longo da formación o alumnado recibirá os coñecementos necesarios para instalar unha base de datos MySQL, crear e executar estratexias de copia de seguridade,  particionar a base de datos, xestionar os seus usuarios, crear procedementos almacenados,  triggers, vistas, establecer limitacións en recursos, controis de acceso, etc.

Obxectivos :

Ao final da formación o alumnado saberá:

  • Describir a arquitectura de MySQL
  • Actualizar MySQL
  • Configurar opcións en tempo de execución
  • Avaliar tipos de datos para mellorar o  performance
  • Entender o almacenamento  InnoDB
  • Realizar  backup e operacións de restauración

O alumnado estará en disposición dos coñecementos recomendados para a superación dos exames de certificación oficial 1 Z0-888 - MySQL 5.7  Database  Administrator, requiridos para a obtención da credencial oficial  OCP,  Oracle  Certified  Professional, MySQL 5.7  Database  Administrator. 

Dirixido a :

Este curso está dirixido a aquelas persoas que queiran aprender a administrar a base de datos MySQL, para converterse nun/nunha administrador/a da base de datos open source máis popular. 

Recomendable nivel medio-alto de compresión lectora en ingles.

Perfil do docente :

Os nosos/as formadores/as son persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso ORACLE) para impartir estes cursos e pasaron con éxito as probas de formación de  formadores/as.

  • Duración :
    60 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Oracle Corporation
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Módulo 1: Fundamentos de MySQL 

  • Introdución a MySQL
  • MySQL  Server e Cliente 
  • Fundamentos de Bases de Datos 
  • Deseño de Bases de Datos 
  • Tipos de Táboas de Datos 
  • Creación de Táboas e Bases de Datos 
  • Consultas básicas 
  • Mantemento de Táboas e Bases de Datos 
  • Manipulación de Datos de Táboas 
  • Funcións
  • Exportación e Importación de Datos 
  • Join de Táboas 
  • Subconsultas a Táboas
  • Ferramentas de Interface gráfica de Usuario MySQL 
  • Información adicional 
  • Conclusión

Módulo 2: MySQL para administradores de bases de datos

  • Introdución 
  • Arquitectura de MySQL
  • Administración do Sistema
  • Configuración do Servidor
  • Clientes/as e Ferramentas de MySQL
  • Tipos de Datos
  • Obtención de Metadatos
  • Transaccións e bloqueo
  • Motores de almacenamento
  • Particionado 
  • Xestión de usuarios
  • Seguridade 
  • Mantemento de táboas 
  • Exportación e importación de datos
  • Programación Inside MySQL
  • Copia de seguridade e recuperación
  • Replicación
  • Introdución a  tunning de rendemento 
  • Conclusión