Scrum Master - Certificación Scrum Manager (virtual) « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 25/05/2020
Data fin 29/05/2020
Certificación oficial Si
Exame Scrum Master
Nº inscritos 200
Datos da edición
  • Período de inscrición : 05/03/2020 - 29/04/2020
  • Proba de selección : 12/05/2020 (17:00)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 25/05/2020 - 29/05/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

Este curso ofrece o coñecemento e comprensión necesaria para a adopción flexible e global de axilidade en empresas de software e doutros sectores con interese en aplicar metodoloxías áxiles na súa organización. Flexible porque ademais das prácticas concretas do modelo Scrum, cobre os principios e criterios para a súa adecuación á propia empresa e xestionar a súa mellora continua; e global porque, ademais da aplicación de Scrum na xestión de proxectos, cobre as implicacións da axilidade no resto da empresa.

É unha formación baseada na práctica: simulacións de Scrum, plan de produto, product backlog, estimación áxil, taboleiros Kanban e vídeos relacionados.

O alumnado que desexe realizar e supere o exame de certificación durante a última sesión do curso obterá a certificación profesional oficial "Scrum Master" da entidade certificadora Scrum Manager.

Obxectivos :

Aprender e comprender:

  • As razóns, fortalezas e debilidades dos modelos de procesos e prácticas da industria do software
  • A xestionar proxectos e equipos de programación cos criterios de procesos e axilidade máis adecuados ás características da súa empresa e do seu produto
  • As fortalezas e debilidades e criterios de decisión entre xestión preditiva e a xestión áxil
  • Os criterios e estratexias para a xestión áxil de organizacións, proxectos e equipos para desenvolvemento de software
  • Todos os compoñentes do modelo Scrum de forma práctica:
    • Propietario de produto: responsabilidades, visión, plan de produto e product backlog
    • Responsabilidades e artefactos do equipo: estimación e métricas áxiles, pila do sprint (sprint backlog), gráfico de avance (burndown), pizarras kanban
    • Responsabilidades e estratexias da organización na implantación e mellora dunha "Scrum Management"
Dirixido a :

Xestores/as de proxectos e empresas TIC, programadores/as, técnicos/as e profesionais ou estudantes interesados nas metodoloxías áxiles.

Perfil do docente :
  • Agile coach e formador senior
  • Formador oficial Scrum e Kanban, Scrum Level Evaluator por Scrum Manager
  • Formador SAFe (Scaled Agile Framework) SPC5 (SAFe Program Consultant) con certificación RTE (Release Train Engeneer)
  • Certificado ORSC Training Series (Organization and Relationship System Coaching)
  • CSM (Certified Scrum Master), CSPO (Certified Scrum Product Owner), CSP (Certified Scrum Professional) e formador CSD (Certified Scrum Developer) por Scrum Alliance
  • Agile coach con ampla experiencia profesional en transformacións áxiles de grandes organizacións, PEME e Administracións Públicas
  • Duración :
    20 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Scrum Manager
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Fundamentos

  • Introdución
  • Manifesto áxil
  • Exercicio: árbore do manifesto Áxil (parte 1)
  • O novo escenario
  • Ciclo de desenvolvemento tradicional
  • Ciclo de desenvolvemento áxil
  • Orixe de Scrum
  • Scrum técnico - Scrum avanzado

 

Artefactos e Eventos de Scrum como marco de xestión áxil

  • Os compoñentes de Scrum
  • Pila de produto
  • Exercicio: obtención dunha pila de produto
  • Pila de sprint
  • Incremento
  • Reunión de planificación
  • Reunión diaria
  • Reunións de revisión e retrospectiva
  • Os roles
  • Exercicio: árbore do manifesto Áxil (parte 2)

 

Métricas de Scrum

  • Métricas
  • A velocidade
  • Unidades de estimación
  • Exercicio: unidades relativas
  • Estratexia de estimación
  • Exercicio: Planning Poker
  • Burn-up
  • Burn-down

 

Xogo de simulación áxil e introdución a Scrum avanzado (Kanban)

  • Exercicio: simulación Scrum
  • Mapa de metodoloxías
  • Introdución a Kanban
  • Fortalezas de Kanban
  • Variables de Kanban
  • Exercicio: casos prácticos de Kanban

 

Introdución a marcos de escalado.

  • SAFe - Scaled Agile Framework
  • Scrum de scrums
  • Nexus
  • LeSS