CCNA CyberOps Associate « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 30/11/2020
Data fin 21/01/2021
Certificación oficial Si
Exame 200-201 CBROPS
Nº inscritos 200
Datos da edición
  • Período de inscrición : 03/11/2020 - 04/11/2020
  • Proba de selección : 17/11/2020 (16:30)
  • Horario : De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 30/11/2020 - 21/01/2021
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

CCNA Cybersecurity Operations - CYBER OPS introduce os coñecementos e habilidades necesarias para asumir con éxito as tarefas, deberes e responsabilidades dos analistas de seguridade de nivel asociado que traballan en centros de operacións de seguridade (SOC). Este curso introduce os conceptos de seguridade fundamentais e habilidades necesarias para supervisar, detectar, analizar e dar resposta á ciberdelincuencia, ciberespionaxe, ameazas internas, ameazas persistentes avanzadas, requisitos normativos e outros problemas de ciberseguridade aos que se enfrontan as organizacións. Así mesmo, fai fincapé na aplicación práctica das habilidades necesarias para manter e garantir a dispoñibilidade de seguridade operativa dos sistemas en rede.

O curso será en aula virtual e a proba de selección realizarase en liña, polo que tanto para a proba como para o seguimento do curso é necesario que as persoas interesadas en participar teñan:

  • Correo electrónico
  • Ordenador (preferentemente Windows ou MacOS) con conexión a internet.
  • Para seguir o curso é necesario que o equipo conte con altofalantes ou auriculares, micrófono e cámara web.
Os días lectivos serán de luns a xoves, e serán non lectivos o 7 e 8 de decembro e do 23 de decembro ao 10 de xaneiro incluidos.
Obxectivos :

Unha vez rematado o curso, o alumno adquirirá os coñecementos necesarios para:

  • Comprender os principios, roles e responsabilidades involucrados nas operacións de ciberseguridade, así como as tecnoloxías, ferramentas, regulacións e estándares dispoñibles.
  • Describir vulnerabilidades e ameazas comúns en dispositivos de usuario e infraestruturas de rede.
  • Demostrar habilidades fundamentais aplicadas ao seguimento, detección, investigación, análise e resposta a incidentes de seguridade.
  • Clasificar eventos intrusivos segundo categorías definidas por modelos de seguridade e establecer accións defensivas.
  • Realizar con éxito as tarefas, deberes e responsabilidades dun analista de seguridade de nivel asociado nun Centro de Operacións de Seguridade (SOC).
Dirixido a :

Dirixido a profesionais de IT (enxeñeiros de Networking, administradores de rede, etc.) que queiran iniciarse no tema da ciberseguridade, aumentando o seu coñecemento e experiencia nesta área de demanda crecente e nos procedementos empregados nun Centro de Operacións de Seguridade -SOC. Débense destacar os escenarios prácticos do curso baseados nas distribucións de Kali Linux e Security Onion, que incorporan ferramentas especializadas en probas de penetración e auditoría, así como ferramentas de análise, clasificación e monitorización de alertas.

Para un maior aproveitamento do curso, recoméndase que o alumno teña coñecementos básicos de sistemas operativos Windows e / ou Linux, e un nivel de coñecementos previos en redes equivalente a ter completados os módulos 1 e 2 do curso CCNA R&S (conceptos básicos de redes, coñecemento de sistemas binarios e hexadecimais, conceptos básicos de programación e coñecemento de consultas básicas de SQL).
 

Perfil do docente :

Instrutor/a acreditado/a polo programa CISCO NETACAD con máis de 5 anos de experiencia e certificado nesta especialidade.

  • Duración :
    80 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Módulo 1. Ciberseguridade: o Centro de Operacións de Seguridade – SOC
Módulo 2. Sistema operativo Windows
Módulo 3. Sistema operativo Linux
Módulo 4. Protocolos e servizos de rede
Módulo 5. Infraestrutura de rede
Módulo 6. Principios de seguridade en rede
Módulo 7. Ataques de rede: Unha inspección detallada
Módulo 8. Protección da rede
Módulo 9. Infraestrutura e Criptografía de clave pública
Módulo 10. Análise e seguridade de dispositivos finais
Módulo 11. Monitorización de seguridade
Módulo 12. Análise de datos de intrusións
Módulo 13. Resposta e xestión de incidencias