PRINCE2 Foundation « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 23/03/2020
Data fin 30/03/2020
Certificación oficial Si
Exame PRINCE2 2017 Foundation
Nº inscritos 58
Datos da edición
  • Período de inscrición : 12/02/2020 - 28/02/2020
  • Proba de selección : 04/03/2020 (16:00)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 23/03/2020 - 30/03/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica no cntg en santiago de compostela

Durante este adestramento aprenderá os principios e elementos fundamentais da metodoloxía para a Xestión de proxectos desenvolvida por OGC, así como outras guías de recoñecido prestixio internacional como ITIL, dacordo ó framework de Boas Prácticas. A formación prepara nesta metodoloxía eminentemente práctica, para a xestión de todo tipo de proxectos, para a realización de funcións dentro dunha estrutura de proxecto, e céntrase especialmente en obter a certificación PRINCE 2 Foundations.

Centrándonos na calidade e un entendemento claro, o noso profesorado certificado impartirá unha formación completamente independente, é dicir, non condicionada ao uso de ningunha ferramenta ou software específico, nin a consultoría posterior, sendo este un principio fundamental das Boas Prácticas. Moitas organizacións europeas consideran PRINCE 2 como unha ferramenta básica no desempeño dos/as profesionais relacionados/as con calquera xestión de proxectos.

Obxectivos :
  • Comprender o contexto e as características dos proxectos e a xestión de proxectos.
  • Comprender a estrutura, o foco e as vantaxes de PRINCE2® para a xestión de proxectos.
  • Comprender as características e a necesidade de contar cun Business Case.
  • Comprender o propósito e as responsabilidades dos roles asociados a PRINCE2®.
  • Comprender o propósito e enfoque de PRINCE2® en relación con:
    • A xestión dos riscos no proxecto
    • Xestión da calidade
    • A planificación dun proxecto con PRINCE2®
    • A xestión do control e seguemento do proxecto
  • Comprender a función de todos os produtos de xestión utilizados por PRINCE2® para garantir o éxito do proxecto.
  • Coñecer os procesos utilizados por PRINCE2®, as súas relacións, actividades e os produtos de xestión implicados en cada un deles.
  • Realizar exercicios para aplicar os coñecementos adquiridos.
  • Prepararse para aprobar o exame de certificación.
Dirixido a :

Xestores/as de Proxectos e/ou Procesos.

Perfil do docente :

Persoa con máis de 25 anos de experiencia en áreas de xestión e informáticas. Trainer Certificado en Prince2.

  • Duración :
    24 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • PRINCE2
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Módulo 01: Introdución, principios, temáticas e procesos - 3 horas
Módulo 02: Temática de casos empresariais- 2 horas
Módulo 03: Temática de organización - 2 horas
Módulo 04: Temática de risco: 2,5 horas
Módulo 05: Temática de calidade - 2,5 horas
Módulo 06: Temática de plans - 1 hora
Módulo 07: Temática de cambio - 2 horas
Módulo 08: Temática de progreso - 1 hora
Módulo 09: Proceso de posta en marcha dun proxecto - 0,5 horas
Módulo 10: Proceso de dirección dun proxecto - 0,5 horas
Módulo 11: Proceso de inicio dun proxecto - 1 hora
Módulo 12: Proceso de control dunha fase - 1 hora
Módulo 13: Proceso de entrega de produtos - 1 hora
Módulo 14: Proceso de xestión dos límites de fase - 0,5 horas
Módulo 15: Proceso de peche dun proxecto: 0,5 horas
Módulo 16: Preparación para o exame - 3 horas