Administración avanzada do S.O. RED HAT Linux - RHEL (virtual) « Atrás
Tipo de edición Edición única mañá (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 04/05/2020
Data fin 29/05/2020
Certificación oficial Si
Exame EX200 (nivel certificación RHCSA) + EX294 (nivel certificación RHCE)
Nº inscritos 123
Datos da edición
  • Período de inscrición : 08/04/2020 - 15/04/2020
  • Proba de selección : 20/04/2020 (10:00)
  • Horario : De luns a venres de 09:30 a 13:55 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 04/05/2020 - 29/05/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

Con esta formación o alumnado alcanzará un nivel de coñecementos e práctica que lle permitirá instalar e configurar unha estación de traballo nunha rede existente. O alumnado converterase nun usuario avanzado de Red Hat Enterprise Linux v.8 e será capaz de utilizar os comandos e aplicacións básicas para realizar, personalizar e automatizar, con Ansible, certas tarefas de administración de sistemas.

O presente curso prepara aos asistentes para a superación do exame de certificación EX200 (nivel certificación RHCSA) e EX294 (nivel certificación RHCE).

Exame incluído no curso:

EX200 (nivel certificación RHCSA) y EX294 (nivel certificación RHCE).

Obxectivos :

Con esta formación o alumnado alcanzará un nivel de coñecementos e práctica que lles permitirá desde instalar e configurar unha estación de traballo nunha rede xa existente, ata converterse nun/nunha usuario/a avanzado/a de Red Hat  Enterprise Linux e ser capaz de utilizar os comandos e aplicacións básicas para realizar, personalizar e automatizar, con  Ansible, certas tarefas de administración de sistemas.

Por último, os asistentes adquirirán os coñecementos necesarios para converterse nun/nunha administrador/a de sistemas con capacidade para instalar un servidor Red Hat Linux e configurar os servizos de rede e de seguridade máis comúns.

Dirixido a :

O presente curso foi deseñado para usuarios/as con coñecementos previos no sistema operativo Linux, se é posible na súa distribución Red Hat Linux.

Este curso é indicado para aqueles perfís profesionais IT con coñecementos e experiencia mínimos na administración de sistemas operativos Linux, interesados en adquirir os coñecementos necesarios para converterse en especialistas na administración profesional de redes e sistemas operativos Red Hat Linux en contornas corporativas.

Perfil do docente :

Especialista con experiencia en formación e xestión de proxectos Red Hat. Certificado/a oficial de enxeñeiro/a Red Hat ( RHCE), Certificado oficial de instrutor/a ( RHCi) e Certificado oficial de examinador/a ( RHCX). Formador/a do equipo de Edustance S.L., empresa especializada en formación TI para empresas, tanto en formato presencial como en formato virtual. Edustance ostenta a figura de Red Hat Certified Training Partner.

  • Duración :
    80 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Red Hat
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Red Hat System Administration I & II

  • Mellora da produtividade da liña de comandos.
  • Programación das tarefas futuras.
  • Axuste do rendemento do sistema: perfís de tunning e prioridades.
  • Control de acceso aos arquivos con ACL.
  • Xestión da seguridade de SELinux.
  • Mantemento do almacenamento básico: particións, sistemas de arquivos/espazo swap e puntos de montaxe/activar swap.
  • Xestión de volumes lóxicos.
  • Implementación de funcións avanzadas de almacenamento.
  • Acceso ao almacenamento conectado á rede.
  • Control do proceso de arranque.
  • Xestión da seguridade de rede.
  • Instalación de Red Hat Enterprise Linux.

Red Hat System Administration III: Automatización de RHEL con Ansible.

  • Introdución a Ansible
  • Implementación de Ansible
  • Implementación de playbooks
  • Xestión das variables e os feitos
  • Implementación do control de tarefas
  • Implementación dos arquivos nos hosts xestionados
  • Xestión de proxectos grandes
  • Simplificación de playbooks con funcións
  • Resolución de problemas de Ansible
  • Automatización das tarefas de administración de Linux