Certified Ethical Hacker « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 03/02/2020
Data fin 20/02/2020
Certificación oficial Si
Exame EC-Council 312-50 - Certified Ethical Hacker (CEH)
Nº inscritos 123
Datos da edición
  • Período de inscrición : 19/12/2019 - 16/01/2020
  • Proba de selección : 21/01/2020 (16:30)
  • Horario : De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 03/02/2020 - 20/02/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica no cntg en santiago de compostela

A formación CEH versión 10 (CEHv10) é unha das certificacións máis avanzadas do mundo en materia de Hacking Ético e Auditoria de Seguridade de Sistemas Informáticos. Entre as novidades máis destacables da mencionada versión 10 inclúense as seguintes características:

  • Inclusión de novos módulos:  IoT Hacking e Análise de Vulnerabilidade
  • Foco nos vectores emerxentes de ataque: Cloud, Intelixencia Artificial, Machine Learning, etc.
  • Desafíos de Hacking ao final de cada módulo
  • Cobertura do último malware
  • Inclusión do proceso completo de análise de malware
  • Cubre as últimas ferramentas de hacking

Coa finalidade de cubrir a maioría dos dominios que un Hacker Ético debe coñecer para estar en posesión dos coñecementos e competencias necesarias do sector da seguridade da información.

Obxectivos :

O obxectivo da formación é axudarlle a dominar a metodoloxía dun/dunha Hacker Ético, a cal poderá ser utilizada tanto nunha proba de intrusión como en calquera situación de hacking ético. Os asistentes, unha vez superado o exame correspondente, lograrán obter unha das certificacións de  hacking ético de maior interese global:  Certified  Ethical  Hacker –  CEH.

A formación prepararalle para o exame de certificación  Certified  Ethical  Hacker 312-50.

Dirixido a :

Este curso está dirixido particularmente a responsables de seguridade, auditores/as, profesionais de seguridade, administradores/as de sistemas e a quen estea interesado/a na seguridade dos sistemas de información.

Recomendable ter coñecemento nivel medio comprensión lectora de inglés.
 

Perfil do docente :

Os nosos formadores e formadoras son persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso EC Council) para impartir estes cursos.

  • Duración :
    48 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • EC-Council
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas
  • Módulo 01: Introdución ao Hacking Ético
  • Módulo 02: Técnicas de Recoñecemento
  • Módulo 03: Escaneo de redes
  • Módulo 04: Enumeración
  • Módulo 05: Análise de vulnerabilidades
  • Módulo 06: Hacking de Sistemas
  • Módulo 07: Ameazas de Malware
  • Módulo 08: Sniffing
  • Módulo 09: Enxeñería Social
  • Módulo 10: Denegación de Servizos (DoS)
  • Módulo 11: Secuestro de Sesións
  • Module 12: Evasión de  IDS, Firewalls e Honeypots
  • Módulo 13: Hacking de Servidores Web
  • Módulo 14: Hacking de Aplicacións Web
  • Módulo 15: Inxección de SQL
  • Módulo 16: Hacking de Redes sen fíos
  • Módulo 17: Hacking de Plataformas Móbiles
  • Módulo 18: Hacking  IoT
  • Módulo 19: Cloud computing
  • Módulo 20: Criptografía