Administración avanzada do sistema operativo Red Hat Linux vRHEL7 « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 04/06/2019
Data fin 28/06/2019
Certificación oficial Si
Exame EX200 (nivel certificación RHCSA) + EX300 (nivel certificación RHCE)
Nº inscritos 45
Datos da edición
  • Período de inscrición : 26/04/2019 - 06/05/2019
  • Proba de selección : 09/05/2019 (10:00)
  • Horario : De luns a venres de 09:30 a 13:45 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 04/06/2019 - 28/06/2019
  • Criterios de selección :
    • Proba previa técnica

Con esta formación os alumnos alcanzarán un nivel de coñecementos e práctica que lles permitirá instalar e configurar unha estación de traballo nunha rede existente. O alumno converterase nun usuario avanzado de Red Hat Enterprise Linux e será capaz de utilizar os comandos e aplicacións básicas para realizar, personalizar e automatizar certas tarefas de administración de sistemas.

Obxectivos :

Con esta formación os/as alumnos/as alcanzarán un nivel de coñecementos e práctica que lles permitirá dende instalar e configurar unha estación de traballo nunha rede xa existente, ata converterse nun/ha usuario/a avanzado/a de Red Hat  Enterprise Linux e ser capaz de utilizar os comandos e aplicacións básicas para realizar, personalizar e automatizar certas tarefas de administración de sistemas. 

Por último, os/as asistentes adquirirán os coñecementos necesarios para converterse nun/ha administrador/a de sistemas con capacidade para instalar un servidor Red Hat Linux e configurar os servizos de rede e de seguridade máis comúns.

Dirixido a :

O presente curso foi deseñado para usuarios con coñecementos previos no sistema operativo Linux, se é posible na súa distribución Red Hat Linux. 

Este curso é indicado para aqueles perfís profesionais  IT con coñecementos e experiencia mínimos na administración de sistemas operativos Linux, interesados en adquirir os coñecementos necesarios para converterse en especialistas na administración profesional de redes e sistemas operativos Red Hat Linux en contornas corporativas.

É necesario ter a capacidade de ler textos técnicos en inglés.

Perfil do docente :

Especialista de experiencia en formación e xestión de proxectos Red Hat. Certificado oficial de enxeñeiro Red Hat (RHCE), certificado oficial de instrutor (RHCi) e certificado oficial de examinador (RHCX). Formador do equipo de Edustance S. L., empresa especializada en formación TI para empresas, tanto en formato presencial como en formato virtual. Edustance ostenta a figura de Red Hat Certified Training Partner.

  • Duración :
    80 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Red Hat
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Red Hat System Administration I & II:

  1. Introdución á liña de comandos
  2. Acceso aos sistemas de arquivos de Linux
  3. Administración de usuarios e grupos
  4. Xestión de permisos
  5. Xestión de SELinux
  6. Xestión e control de procesos
  7. Instalación e actualización de programas
  8. Particionado, creación e montaxe do sistema de ficheiros
  9. Xestión de servizos e o proceso de arranque
  10. Configuración de rede
  11. Revisión dos arquivos de rexistro do sistema e o journal
  12. Xestión de sistemas de arquivos e volumes lóxicos
  13. Xestión de tarefas programadas
  14. Acceso a sistemas de arquivos de rede
  15. Control de funcións de firewall
  16. Kickstart e virtualización

 

Red Hat System Administration III:

  1. Control de servizos e daemons
  2. Xestión de redes IPv6
  3. Configuración de agregación de links e bridging
  4. Control de seguridade de portos de rede
  5. Administración DNS para os servidores
  6. Configuración de envío do correo electrónico
  7. Almacenamento baseado en blocks
  8. Almacenamento baseado en arquivos
  9. Configuración de Bases de datos MariaDB
  10. Servizos web Apache HTTPD
  11. Escritura de scripts de Bash
  12. Condicionais de Bash e estruturas de control
  13. Configurar a contorna de shell