Tipo de edición | Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as) |
---|---|
Metodoloxía | Virtual |
Tipo | CURSO |
Matrícula | Gratuíta |
Data inicio | 22/02/2021 |
Data fin | 06/05/2021 |
Certificación oficial | Si |
Exame | Cisco 200-301: Cisco Certified Network Associate (CCNA) |
Nº inscritos | 200 |
Este é un curso de carácter teórico e práctico, que combina formación presencial (160 horas) e teleformación (80 horas titorizadas), e aborda conceptos e prácticas de redes de comunicacións, dende as aplicacións de rede aos protocolos e servizos proporcionados polas devanditas aplicacións ás capas inferiores da rede. O curso desenvolverase de forma progresiva, dende as tarefas básicas de networking ata os modelos moito máis complexos das redes corporativas.
O currículo do curso CCNA (CCNA v7) proporciona unha ampla cobertura, integrada e comprensiva, de conceptos de redes de comunicacións, partindo dos fundamentos e afondando en aplicacións e servizos avanzados. Ademais, facilítalles aos alumnos e alumnas a adquisición de habilidades prácticas e a obtención de experiencia na configuración e administración de dispositivos de rede reais.
O curso será en aula virtual e a proba de selección realizarase en liña, polo que tanto para a proba como para o seguimento do curso é necesario que as persoas interesadas en participar teñan:
- Correo electrónico
- Ordenador (preferentemente Windows ou MacOS) con conexión a Internet.
- Para seguir o curso é necesario que o equipo conte con altofalantes ou auriculares, micrófono e cámara web.
Este curso ten como obxectivo formar a perfís técnicos na xestión, administración e resolución de incidencias en redes de comunicacións corporativas de alcance local.
Ao longo dos tres módulos que conforman a actual versión deste currículo, o alumno/alumna adquirirá coñecementos no deseño, construción e mantemento de redes de computadores e a súa aplicación en contornos empresariais. Así mesmo resaltar, nesta versión recentemente actualizada do curso, CCNA v7, a inclusión dos métodos de implementación de QoS, a implementación de políticas de seguridade e, no contexto de tecnoloxías punteiras en redes, o tratamento da virtualización de rede e a arquitectura e xestión das SDN - redes definidas por software, para a programación de redes e a automatización de tarefas.
A superación dos módulos que compoñen o curso prepara aos/as participantes para facer fronte ao exame 200-301 CCNA v7, requirido para a obtención da credencial Cisco Certified Network Associate - Certificación CCNA.
Exame de certificación incluído:200-301 CCNA - Cisco Certified Network Associate Exam
A posibilidade de presentarse ao exame por parte do alumno/a estará suxeita á superación do curso co aproveitamento esixido por Cisco e a obtención do correspondente voucher académico que o acredite.
Está especialmente recomendado para estudantes de grao medio e superior de FP do ámbito das Telecomunicacións e de Informática; para estudantes ou graduados/as de titulacións universitarias técnicas como Informática, Telecomunicacións, Física, Matemáticas ou Enxeñería Industrial, e tamén está altamente recomendado para traballadores/as en activo que desexen mellorar o seu nivel de cualificación ou para aqueles que traballaron na área de redes e sistemas e non contan con acreditación.
O curso CCNA v7 non require coñecementos previos. Aínda así, recoméndanse competencias introdutorias na administración de redes e sistemas e coñecementos mínimos de inglés técnico para lograr un mellor aproveitamento e comprensión do curso.
Os/As docentes son instrutores/as acreditados polo programa Cisco Netacad e certificados/as nas especialidades que imparten. Teñen máis de 6 anos de experiencia nesta área.
- Duración :
240 horas - Metodoloxía :
Virtual - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Cisco Systems
- Beneficios :
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Diploma de asistencia
- Módulos transversais :
- Igualdade de 10 horas
Módulo 1. ITN - Introdución ás redes
- As redes na actualidade
- Configuración básica de switches e dispositivos
- Protocolos e modelos
- Sistemas numéricos
- Capa física
- Capa de ligazón de datos
- Conmutación Ethernet
- Capa de rede
- Resolución de enderezo
- Configuración básica dun encamiñador
- Asignación de enderezos IPv4
- Asignación de enderezos IPv6
- ICMP
- Capa de transporte
- Capa de aplicación
- Fundamentos de seguridade da rede
- Creación dunha rede pequena
Módulo 2. SRWE - Fundamentos de conmutación, encamiñamento e comunicacións sen fíos.
- Configuración básica de dispositivos
- Conceptos de conmutación
- VLAN
- Encamiñamento entre VLAN
- STP
- EtherChannel
- DHCPv4
- Conceptos SLAAC e DHCPv6
- Conceptos de FHRP
- Conceptos de seguridade de LAN
- Configuración de seguridade do switch
- Conceptos de WLAN
- Configuración de WLAN
- Conceptos de encamiñamento
- Camiños IP estáticos
- Solución de problemas de camiños estáticos e predeterminados
Módulo 3. ENSA - Redes empresariais, seguridade e automatización.
- Conceptos de OSPFv2 de área única
- Configuración de OSPFv2 de área única
- Conceptos de seguridade da rede
- Conceptos de ACL
- Configuración de ACL para IPv4
- NAT para IPv4
- Conceptos de WAN
- Conceptos de VPN e IPSec
- Conceptos de QoS
- Administración de redes
- Deseño de rede
- Resolución de problemas de rede
- Virtualización da rede
- Automatización da rede