Tipo de edición | Edición única (desempregados/as e ocupados/as) |
---|---|
Metodoloxía | Teleformación |
Tipo | CURSO |
Matrícula | Gratuíta |
Data inicio | 25/01/2021 |
Data fin | 10/03/2021 |
Certificación oficial | Si |
Exame | 1Z0-006 Oracle Database Foundations |
Nº inscritos | 200 |
Este curso, ten por obxecto presentar aos e as participantes nos conceptos esenciais do mundo das bases de datos relacionales. O curso dá a coñecer aos e as estudantes a terminoloxía das bases de datos relacionales, así como os conceptos de modelado de datos, a elaboración de Diagramas Entidade-Relación ( EDR) e o mapeo destes. Ao longo do curso o alumnado utilizará a ferramenta SQL Developer Data Modeler de Oracle para construír diagramas EDR e empregarán a linguaxe SQL para interactuar e manipular datos dunha base de datos. Para o desenvolvemento dos exercicios prácticos do curso, os e as participantes contarán con acceso á contorna Oracle Application Express. Mediante o desenvolvemento técnicas de aprendizaxe baseadas no desenvolvemento de proxectos, os e as estudantes crearán e traballarán con proxectos que lles retarán a deseñar, implementar, e presentar unha solución de base de datos para unha empresa ou organización.
As probas de seleccion realizaranse mediante plataforma online, sen necesidade de desprazamento presecial ao CNTG, a poderá realizar o e a candidato/a inscrito/a ao curso desde o seu domicilio ou lugar de traballo, tendo en conta que a plataforma online abrirase automaticamente na data e hora indicada para iso.
O candidato inscrito recibira un mail dende a entidade adxudicataria co acceso a esta proba 2 días antes da mesma.
A plataforma online de probas de selección é compatible coas versións estables máis recentes de todos os navegadores web e sistemas operativos máis populares (Windows, MacOS, Android ou calquera distribución Linux).
Por tanto, para acceder á plataforma simplemente necesitarase un equipo de sobremesa, portátil con acceso a unha conexión estable a Internet.
Recomendable ter coñecemento/nivel medio de comprensión lectora en inglés debido a que a proba de nivel pode incluír preguntas en inglés e o exame oficial de certificación ao que se opta en este curso xeralmente realízase en inglés.
Unha vez finalizada a formación, o alumando estará en disposición dos coñecementos fundamentais achega do deseño, planificación e implementación dunha base de datos relacional.
Este curso prepara ás persoas asistentes para a consecución da titulación oficial como Oracle Database Foundations Certified Junior Associate unha vez superado o exame requirido para ese efecto.
Este curso está dirixido a aquelas persoas que desexen aprender as técnicas e ferramentas fundamentais e necesarias para o deseño, implementación e tratamento de información dunha base de datos.
Para un correcto aproveitamento do curso é recomendable que as persoas interesadas dispoñan de coñecementos mínimos matemáticos, en lóxica e resolución analítica de problemas.
Recomendable ter coñecemento nivel medio comprensión lectora de inglés.
Os nosos e nosas formadores/as son persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso ORACLE) para impartir estes cursos e pasaron con éxito as probas de formación de formadores/as.
- Duración :
90 horas - Metodoloxía :
Teleformación - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Oracle Corporation
- Beneficios :
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Diploma de asistencia
- Módulos transversais :
- Igualdade de 10 horas
1. Introdución
- Introdución do curso
- Introdución a bases de datos
- Tipos de modelos de bases de datos
- Requisitos empresariais
2. Bases de datos e modelado de datos
- Bases de datos relacionais
- Modelos de datos físicos e conceptuais
- Entidades e atributos
- Identificadores únicos
- Relacións
- Modelo de entidade de relación
3. Modificador de datos de Oracle SQL Developer
- Programador de Oracle SQL
- Converte un modelo lóxico nun modelo relacional
4. Mapeo de modelos físicos
- Mapeo de entidades e atributos
- Mapeo de chaves primarias e estranxeiras
5. Introdución a SQL
- Introdución a Oracle Application Express
- SQL
- DDL
- DML
- TCL
- Retorno de datos mediante SELECT
- Restrición de datos mediante WHERE
- Clasificación de datos mediante ORDE BY
- Xuntar táboas mediante JOIN