Administración avanzada de sistemas operativos Linux (LPIC-2) « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 02/09/2019
Data fin 27/09/2019
Certificación oficial Si
Exame LPIC-2: Linux Engineer
Nº inscritos 64
Datos da edición
  • Período de inscrición : 10/06/2019 - 20/06/2019
  • Proba de selección : 25/06/2019 (16:00)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 02/09/2019 - 27/09/2019
  • Criterios de selección :
    • Proba previa técnica

O presente curso oficial constitúe o itinerario formativo e de certificación deseñado pola organización internacional Linux Professional Institute (LPI) para a correcta preparación do seu nivel profesional avanzado de certificación LPIC-2: Linux Engineer.

O curso oficial Linux LPIC-2 traslada aos/ás asistentes os coñecementos necesarios para configurar un servidor Linux conectado á rede (interna ou internet) para que preste á súa empresa servizos esenciais como correo electrónico, servizos web, redes privadas virtuais VPN, SSH, DNS, servidores de arquivos Samba ou NFS con LVM e/ou RAID, etc.

O programa de formación de LPI está especialmente deseñado para proporcionar os coñecementos e habilidades necesarios para administrar calquera das distribucións dos sistemas operativos Linux e as súas ferramentas asociadas.

Obxectivos :

Ao finalizar o curso, os/as asistentes adquirirían competencias profesionais para:

  • Administrar contornas de rede medianos
  • Planificar, manter e asegurar unha rede mixta (Microsoft /Linux)
  • Instalar e configurar os servidores de rede Samba, Firewall, Proxy, Correo, News, Web e FTP
  • Xestionar e tomar decisións nun departamento TI con Linux
Dirixido a :

Dirixido a usuarios/as de sistemas Linux que desexen adquirir coñecementos avanzados na administración de servidores Linux de alcance corporativo, concretamente no referente á administración e mantemento habitual, así como a configuración e posta en funcionamento de servizos como email, web, vpn, etc.

Para un máximo aproveitamento do curso, é recomendable que os/as asistentes dispoñan de coñecementos medios e experiencia no manexo de sistemas operativos Linux a un nivel equivalente aos adquiridos mediante o curso de Administración de Linux - Certificación LPI Nivel 1.

Perfil do docente :

Os/as  formadores/as son persoas con máis de 10 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso LPI) para impartir estes cursos e pasaron con éxito as probas de formación de  formadores/as.

Instrutores/as oficiais para as certificacións LPIC-1, LPIC-2 e LPIC-3.

  • Duración :
    80 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • LPI
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

LPI 201-450: Linux Engineer - Parte I

TEMA 200: Capacidade de planificación

  1. Recursos e medidas para solucionar problemas
  2. Recursos futuros

TEMA 201: Linux Kernel

  1. Compoñentes de núcleo
  2. Compilar o Kernel
  3. Resolución de problemas no Kernel

TEMA 202: Arranque do sistema

  1. Inicio do sistema personalizado con Sys V Init
  2. Recuperación do sistema
  3. Alternate Bootloaders

TEMA 203: Sistema de arquivos e dispositivos

  1. Funcionamento do sistema de arquivos Linux
  2. Manter un sistema de arquivos Linux
  3. Crear e configurar opcións do sistemas de arquivos

TEMA 204: Administración avanzada de dispositivos

  1. Configuración RAID
  2. Axustes de acceso aos dispositivos de almacenamento
  3. Logical Volume Manager (LVM)

TEMA 205: Configuración da rede

  1. Configuración da rede básica
  2. Configuración avanzada de rede
  3. Solución de problemas de rede

TEMA 206: Mantemento do sistema

  1. Compilación e instalación de programas desde códigos fonte
  2. Operacións de backup
  3. Notificación a usuarios de cuestións do sistema

 

LPI 202-450: Linux - Parte 2

TEMA 207: Servidor de nomes de dominio

  1. Configuración básica do servidor DNS
  2. Crear e manter as zonas DNS
  3. Protexer un servidor DNS

TEMA 208: Servidor Web

  1. Configuración básica dun servidor Apache
  2. Configuración de Apache para HTTPS
  3. Implementación de Squid como un servidor proxy cache.
  4. Implementación de Nginx como un servidor web e un proxy inverso

TEMA 209: Uso compartido de arquivos

  1. Configuración do servidor SAMBA
  2. Configuración do servidor NFS

TEMA 210: Xestión de rede de cliente

  1. Configuración de DHCP
  2. Autenticación PAM
  3. Uso do cliente LDAP
  4. Configuración dun servidor OpenLDAP

TEMA 211: Servizos de correo electrónico

  1. Servidores de correo electrónico
  2. Xestión de entrega de correo electrónico local
  3. Xestión de entrega de correo electrónico remoto

TEMA 212: Seguridade do sistema

  1. Configurar un router
  2. Servidores de FTP
  3. Secure Shell (SSH)
  4. As tarefas de seguridade
  5. OpenVPN