Google Cloud Certified Professional Cloud Developer « Atrás
Tipo de edición Edición única mañá (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 20/01/2020
Data fin 31/01/2020
Certificación oficial Si
Exame Google Cloud Certified Professional Cloud Developer
Nº inscritos 37
Datos da edición
  • Período de inscrición : 10/12/2019 - 03/01/2020
  • Proba de selección : 09/01/2020 (10:00)
  • Horario : De luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 20/01/2020 - 31/01/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica no cntg en santiago de compostela

A primeira parte da formación proporciona unha descrición xeral dos produtos e servizos de Google Cloud Platform. A través dunha combinación de presentacións, demostracións e laboratorios, o alumnado aprenderá o valor de Google Cloud Platform e como incorporar solucións baseadas en cloud en estratexias de negocio.

Na segunda parte o alumnado aprenderá como deseñar, desenvolver e despregar aplicacións que constantemente se integran compoñentes do ecosistema de Google Cloud.

Mediante a combinación de presentacións, demos e laboratorios, o alumnado aprenderá como utilizar os servizos de GCP e APIs de machine learning xa adestradas para montar aplicacións seguras, escalables e intelixentes na nube.

Obxectivos :

Ao finalizar a formación, o/a participante saberá:

  • Utilizar as mellores prácticas para desenvolver unha aplicación.
  • Escoller a opción de almacenamento apropiada para os datos da aplicación.
  • Implementar administración de identidade federada.
  • Desenvolver compoñentes ou microservizos débilmente acoplados.
  • Integrar compoñentes e datos dunha aplicación.
  • Depurar, rastrexar e monitorizar aplicacións.
  • Realizar despregamentos con contedores e servizos de despregamento.
  • Escoller o contorno apropiada para executar a aplicación; utilizar Kubertes Engine como contorno e cambiar a unha solución non operacional con App Engine Flex de Google.
Dirixido a :

Este curso está dirixido ao alumnado que estea a planear implementar aplicacións e crear contornas de aplicacións en Google Cloud Platform:

  • Desenvolvedores/as, operadores/as e arquitectos/as de sistemas que están a comezar con Google Cloud Platform.
  • Executivos/as e empresarios/as que estean a avaliar o potencial de Google Cloud Platform para abordar as súas necesidades.

O alumnado deberá ter coñecementos de Node.js e de Linux (liñas de comando) básicos.

Recomendable nivel medio-alto de compresión lectora en inglés.

Perfil do docente :

Os nosos formadores e formadoras son persoas con ampla experiencia en áreas de alta especialización técnica nos campos de aplicación. Posúen as certificacións oficiais do fabricante (neste caso Google) para impartir estes cursos.

  • Duración :
    40 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Google Cloud
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Google Cloud Fundamentals: Core Infrastructure

  • Introdución a Google Cloud Platform
  • Comezo con Google Cloud Platform
  • Máquinas e redes virtuais na nube
  • Almacenamento na nube
  • Contedores na nube
  • Aplicacións na nube
  • Desenvolvemento, implementación e monitoraxe na nube
  • Big Data e Machine Learning na nube

Developing Applications with Google Cloud Platform

  • Boas prácticas para desenvolvemento dunha aplicación
  • Librerías Cloud Cliente de Google, Google Cloud SDK e Google Firebase SDK
  • Resumo de opcións de almacenamento de datos
  • Boas prácticas para utilizar Google Cloud Datastore
  • Boas prácticas para utilizar almacenamento en nube de Google
  • Autenticación e autorización
  • Uso de Google Cloud Pub/Sub para integrar compoñentes dunha aplicación
  • Adición de intelixencia a unha aplicación
  • Uso de funcións de Google Cloud para procesado dirixido por eventos
  • Administración de APIs con Google Cloud Endpoints
  • Despregamento dunha aplicación utilizando Google Cloud Container Builder, Google Cloud Container Registry e Google Cloud Deployment Manager
  • Contornos de execución para unha aplicación
  • Depuración, monitoraxe e mellora de rendemento utilizando Google Stackdriver.