Tipo de edición | Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as) |
---|---|
Metodoloxía | Virtual |
Tipo | CURSO |
Matrícula | Gratuíta |
Data inicio | 30/11/2020 |
Data fin | 21/01/2021 |
Certificación oficial | Si |
Exame | 200-201 CBROPS |
Nº inscritos | 200 |
CCNA Cybersecurity Operations - CYBER OPS introduce os coñecementos e habilidades necesarias para asumir con éxito as tarefas, deberes e responsabilidades dos analistas de seguridade de nivel asociado que traballan en centros de operacións de seguridade (SOC). Este curso introduce os conceptos de seguridade fundamentais e habilidades necesarias para supervisar, detectar, analizar e dar resposta á ciberdelincuencia, ciberespionaxe, ameazas internas, ameazas persistentes avanzadas, requisitos normativos e outros problemas de ciberseguridade aos que se enfrontan as organizacións. Así mesmo, fai fincapé na aplicación práctica das habilidades necesarias para manter e garantir a dispoñibilidade de seguridade operativa dos sistemas en rede.
O curso será en aula virtual e a proba de selección realizarase en liña, polo que tanto para a proba como para o seguimento do curso é necesario que as persoas interesadas en participar teñan:
- Correo electrónico
- Ordenador (preferentemente Windows ou MacOS) con conexión a internet.
- Para seguir o curso é necesario que o equipo conte con altofalantes ou auriculares, micrófono e cámara web.
Unha vez rematado o curso, o alumno adquirirá os coñecementos necesarios para:
- Comprender os principios, roles e responsabilidades involucrados nas operacións de ciberseguridade, así como as tecnoloxías, ferramentas, regulacións e estándares dispoñibles.
- Describir vulnerabilidades e ameazas comúns en dispositivos de usuario e infraestruturas de rede.
- Demostrar habilidades fundamentais aplicadas ao seguimento, detección, investigación, análise e resposta a incidentes de seguridade.
- Clasificar eventos intrusivos segundo categorías definidas por modelos de seguridade e establecer accións defensivas.
- Realizar con éxito as tarefas, deberes e responsabilidades dun analista de seguridade de nivel asociado nun Centro de Operacións de Seguridade (SOC).
Dirixido a profesionais de IT (enxeñeiros de Networking, administradores de rede, etc.) que queiran iniciarse no tema da ciberseguridade, aumentando o seu coñecemento e experiencia nesta área de demanda crecente e nos procedementos empregados nun Centro de Operacións de Seguridade -SOC. Débense destacar os escenarios prácticos do curso baseados nas distribucións de Kali Linux e Security Onion, que incorporan ferramentas especializadas en probas de penetración e auditoría, así como ferramentas de análise, clasificación e monitorización de alertas.
Para un maior aproveitamento do curso, recoméndase que o alumno teña coñecementos básicos de sistemas operativos Windows e / ou Linux, e un nivel de coñecementos previos en redes equivalente a ter completados os módulos 1 e 2 do curso CCNA R&S (conceptos básicos de redes, coñecemento de sistemas binarios e hexadecimais, conceptos básicos de programación e coñecemento de consultas básicas de SQL).
Instrutor/a acreditado/a polo programa CISCO NETACAD con máis de 5 anos de experiencia e certificado nesta especialidade.
- Duración :
80 horas - Metodoloxía :
Virtual - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Cisco Systems
- Beneficios :
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Módulos transversais :
- Igualdade de 10 horas
Módulo 1. Ciberseguridade: o Centro de Operacións de Seguridade – SOC
Módulo 2. Sistema operativo Windows
Módulo 3. Sistema operativo Linux
Módulo 4. Protocolos e servizos de rede
Módulo 5. Infraestrutura de rede
Módulo 6. Principios de seguridade en rede
Módulo 7. Ataques de rede: Unha inspección detallada
Módulo 8. Protección da rede
Módulo 9. Infraestrutura e Criptografía de clave pública
Módulo 10. Análise e seguridade de dispositivos finais
Módulo 11. Monitorización de seguridade
Módulo 12. Análise de datos de intrusións
Módulo 13. Resposta e xestión de incidencias