Curso práctico de Arduino « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 05/11/2018
Data fin 29/11/2018
Certificación oficial Non
Nº inscritos 60
Datos da edición
  • Período de inscrición : 11/10/2018 - 21/10/2018
  • Proba de selección : 24/10/2018 (16:30)
  • Horario : De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 05/11/2018 - 29/11/2018
  • Criterios de selección :
    • Proba previa técnica

Arduino é un referente en termos de hardware libre coa implantación crecente na docencia, industria 4.0, investigación e desenvolvemento.

A plataforma Arduino componse de varios elementos; hardware, software e unha contorna de programación. Para traballar con Arduino requírese coñecemento sobre cada un dos elementos da plataforma Arduino e sobre electrónica. Ao longo do curso veranse cada unha destas catro áreas en paralelo , seguindo o libro "Aprender Arduino, electrónica e programación con 100 exercicios prácticos"

Cada novo concepto ou termo que se adquira ao longo do curso verase reforzado con casos prácticos resoltos e prácticas para que o alumnado poida resolver.

 

Dirixido a:

Persoas que na súa profesión poidan implementar Arduino; educación, desenvolvemento, industria ou investigación, e que teñan coñecementos básicos previos da tecnoloxía.

Obxectivos :

Coñecer a plataforma Arduino a través do seu estudo e uso, mostrar as semellanzas coa tecnoloxía que nos rodea e polo tanto interactuar dun xeito diferente coa tecnoloxía.

Perfil do docente :

O curso será impartido por Rubén Beiroa Mosquera, Graduado en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática. Con unha ampla experiencia en formación sobre a plataforma Arduino impartindo cursos e xornadas técnicas.
Os seus coñecementos sobre Arduino levárono á publicación do libro “Aprender Arduino, electrónica e programación con 100 exercicios prácticos”. Que será o libro sobre o cal se imparta o curso

  • Duración :
    64 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Arduino
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

1. Introducción a Arduino
    a. Que é Arduino.
    b. Filosofía e Historia de Arduino.
2. Introducción á electrónica
    a. Tensión, intensidade, resistencias, ley de ohm e diodo led.
    b. Conectar un led ó Arduino.
3. IDE de Arduino
    a. Conexión e principios de programación.
4. Casos de estudo
    a. Acender led con Arduino
    b. Temporizacións
    c. Entradas dixitais
    d. Variables
    e. Comunicación Serie
5. Transistores
6. Portas lóxicas
    a. Porta AND
    b. Porta NOT
    c. Porta NAND
    d. Porta OR
    e. Porta NOR
    f. Porta XOR
    g. Porta XNOR
7. Sistema Binario
8. Resistencias en Serie e Paralelo
9. Potenciómetro
10.Entradas analóxicas
11.Saídas PWM
12.Estruturas de control
     a. If, else, operadores, switch
     b. while ,for, do while
     c. Directivas
     d. Break , continue
     e. Go to
13.Comunicación Serie
     a. Caracteres tabla ASCII
     b. Transmisión/recepción de datos
     c. Gráficas
14.Librerías
15.Funcións
16.Instruccións matemáticas
17.Instruccións trigonométricas
18.Pineado Arduino
     a. Pin AREF, RESET, ICSP
19.Casos prácticos con sensores e módulos
     a. LED RGB
     b. LDR
     c. Zumbadores
     d. Sensor Temperatura DS18B20
     e. Sensor DHT11
     f. Display 7 segmentos
     g. Joystick
     h. Sensor movemento
     i. Sensor llama
     j. Teclado matricial
     k. Pantalla LCD
     l. Reloxo
20.Fritzing
21. Thinkercad
     a. Simulación
         i. Circuitos
         ii. Programación
     b. Ferramentas Debugger
22.Interrupcións
23.Comunicación I2C, SPI