PRINCE2 Foundation (T4) « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 19/11/2018
Data fin 23/11/2018
Certificación oficial Si
Exame Fundamentos de PRINCE2
Nº inscritos 101
Datos da edición
  • Período de inscrición : 23/10/2018 - 04/11/2018
  • Proba de selección : 06/11/2018 (16:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:00 a 20:50 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 19/11/2018 - 23/11/2018
  • Criterios de selección :
    • Proba previa técnica

PRINCE2 é un enfoque estruturado que se publicou en 1996 como un método xenérico para a xestión de proxectos. Combina a metodoloxía orixinal PROMPT (“Project Organisation, Management & Planning Techniques”), desenvolvida por Simpact Systems Ltd. e adoptada polo Goberno Británico, co MITP de IBM (Xestión da Implementación do Proxecto Total).


PRINCE2 céntrase en definir e entregar produtos cuxa calidade se axuste aos requisitos. Define que un proxecto é exitoso cando está orientado á entrega a través da creación dun conxunto de produtos acordados que definen o alcance do proxecto, brindando unha base para a planificación e o control.


Describe como coordinar ás persoas e ás actividades, como deseñar e supervisar a entrega do produto, e que facer se o produto, e polo tanto o alcance do proxecto, necesita axustarse no caso de que non se axuste ao planificado.


Á finalización do curso os asistentes poden realizar o exame de certificación.

 

Dirixido a:

PRINCE2 Foundation está pensada para as persoas que queren iniciarse no mundo da Xestión de Proxectos seguindo a metodoloxía de PRINCE2.
 
Este curso é de utilidade para todos os membros dun equipo de proxecto (administradores, coordinadores, xestores), directores de proxectos e directores de programas.
 
Debido á natureza xenérica deste curso, tamén é adecuado para persoal de soporte, e para aqueles que desexan obter o recoñecemento formal das súas habilidades mediante o exame de Fundamentos de PRINCE2.
 
Acredita que quen a obtén coñece os elementos fundamentais (principios, temáticas e procesos) de PRINCE2.

 

Obxectivos :
  • Comprender a necesidade da existencia da Xestión de Proxectos e como PRINCE2 cumpre con ese requisito
  • Entender o modelo de proceso de PRINCE2
  • Preparar plans de proxecto utilizando técnicas de planificación baseadas en produtos e realizar análises e xestión de riscos para o proxecto
  • Preparar a información para a súa inclusión nun Documento de Inicio de Proxecto
  • Comprender as técnicas para a xestión do desenvolvemento de produtos, control de calidade e control de cambios
  • Levar a cabo o exame de certificación de Fundamentos de PRINCE2:
    • 1 hora de duración
    • 75 preguntas, das cales 70 puntúan e 5 son de ensaio (non puntúan)
    • Formato de selección múltiple (varias posibles respostas das cales só unha é válida)
    • Necesítase un mínimo de 35 acertos para aprobar (50 %)
    • Non se permiten libros, apuntamentos ou dispositivos electrónicos
Perfil do docente :

·    Formación Académica
o    Enxeñeiro Técnico en Topografía
·    Perfil Profesional
o    Consultor/Formador Acreditado en PRINCE2 Practitioner
o    Consultor/Formador Acreditado Experto en ITIL
o    Certificado ISO 20000 e ISO 27000
o    Formador en diferentes áreas Tecnolóxicas e de Negocio
o    Coordinador de plans formativos
·    Experiencia Profesional
o    Máis de 20 anos de experiencia profesional en TI
o    Máis 10 anos en labores relacionados coa Xestión de proxectos
o    Máis de 1000 horas de formación en PRINCE2

  • Duración :
    24 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • PRINCE2
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Certificado de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas
  • Visión xeral
    • Principios e adaptación de PRINCE2 á contorna do proxecto
  • Temáticas de PRINCE2
    • O Caso de Negocio
    • Organización
    • Calidade
    • Planificación
    • Riscos
    • Cambios
    • Progreso
  • Procesos de PRINCE2
    • Posta en marcha dun proxecto
    • Dirección dun proxecto
    • Inicio dun proxecto
    • Control dunha fase
    • Xestión dos límites de fase
    • Xestión da entrega de produtos
    • Peche dun proxecto