ITIL Foundation « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 17/12/2018
Data fin 21/12/2018
Certificación oficial Si
Exame ITIL® - ITIL® Foundation
Nº inscritos 137
Datos da edición
  • Período de inscrición : 31/10/2018 - 15/11/2018
  • Proba de selección : 20/11/2018 (17:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 17/12/2018 - 21/12/2018
  • Criterios de selección :
    • Proba previa técnica

O curso Fundamentos de ITIL® introduce ao concepto de IT Service Management (ITSM) e a súa contorna de traballo para identificar e relacionar as actividades involucradas na entrega, medición e mellora dos servizos de TI a unha comunidade de usuarios.

 
Ao longo da formación introdúcese aos asistentes nas mellores prácticas que se deben seguir ao administrar o Ciclo de Vida do Servizo e, desta forma, cubrir as expectativas do negocio. O curso está enfocado cara ao estudo de casos reais a través dos que se obterá unha aprendizaxe acerca das disciplinas básicas de  ITIL®. Tras a realización do presente curso, os asistentes estarán preparados para a realización e superación do exame de certificación  ITIL® -  ITIL®  Foundation.

 

Obxectivos :

Tras finalizar o curso, os participantes adquirirían os coñecementos necesarios para:

  • Dispoñer dunha comprensión básica do ciclo de vida do IT Service Management.
  • Identificar o ciclo de vida e os procesos fundamentais involucrados no IT Service Management e como integralos no modelo de negocio de servizos TI da empresa.
  • Comprender como as TI e os negocios poden colaborar para a mellora da produtividade e a eficiencia.
  • Migrar a relación reactiva entre TI e usuarios cara unha relación de tipo proactivo.
  • Ter aprendido conceptos de IT Service Management mediante casos de estudo.
  • Entender que a Xestión de Servizo, baseada nas mellores prácticas de ITIL©, pódese incorporar e adoptar dentro da súa propia organización.
  • Prover consellos prácticos sobre como implementar un marco de Xestión de Servizo baseado nas mellores prácticas do ciclo de vida de servizo.
  • Adquirir os coñecementos necesarios para preparar o exame de certificación
Dirixido a :

Perfís TI; Directores, Consultores,  Desenvolvedores, provedores de servizos, administradores de redes e de sistemas, xestores e executivos.

Perfil do docente :

Enxeñeiro en Informática con máis de 17 anos de experiencia en  servios e proxectos TI e de Mellora  de Procesos.

Desde o ano 2000 en proxectos de desenvolvemento de software, dirixiu varios proxectos que xestionan diferentes técnicas e enfoques de xestión de servizos e proxectos de desenvolvemento de software, integrando mesmo metodoloxías áxiles. Experiencia en proxectos de mellora continua utilizando Lean e Six Sigma.

Docente profesional acreditado por diferentes entidades  certificadoras de áreas de xestión de servizos TI e xestión de proxectos.
Áreas de especialización:  ITSM, Xestión de proxectos,  Scrum, Análise comercial,  ISO /  IEC 20000, Mellora continua, Lean

  • Duración :
    20 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • ITIL
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

1.Introdución

2. A Xestión de Servizos como unha práctica.

3. Ciclo de vida do Servizo
  - Exercicio: Ciclo de Vida do Servizo
  - Estratexia de Servizo.
  - Exercicio: Identificar a aplicación da estratexia no caso de estudo
  - Preguntas do Módulo
  - Repaso

4. Estratexia de Servizo
  - Xestión de relacións co negocio.
  - Xestión da demanda.
  - Exercicio:  PBAs

5. Deseño do Servizo.
  - Coordinación do deseño.
  - Xestión do catálogo de servizos.
  - Exercicio: Ficha do Catálogo de Servizo
  - Xestión de nivel de servizo.
  - Xestión da dispoñibilidade.
  - Xestión dos provedores
  - Xestión da capacidade.
  - Exercicio: Identificar a aplicación do deseño no caso de estudo
  - Preguntas do Módulo
  - Repaso

6. Transición do Servizo.
  - Xestión do coñecemento.
  - Xestión da configuración e os activos de servizo.
  - Planificación e soporte á transición.
  - Xestión de cambios.
  - Exercicio:  RFC
  - Xestión das versións e despregamentos.
  - Exercicio: Identificar a aplicación da transición no caso de estudo
  - Preguntas do Módulo
  - Repaso

7. Operación do Servizo.
  - Xestión de eventos.
  - Xestión de accesos.
  - Exercicio:  Actividades do Proceso
  - Xestión de peticións de servizo.
  - Xestión de incidencias.
  - Exercicio: Matriz  RACI
  - Xestión de problemas.
  - Centro de Servizos ao Usuario
  - Xestión de Operacións de TI
  - Xestión de Aplicacións
  - Xestión Técnica

8. Mellora continua do Servizo.
  - RACI
  - PDCA
  - Exercicio: Describir a aplicación do  PDCA 
  - Exercicio: Identificar a aplicación da operación no caso de estudo
  - Preguntas do módulo.
  - Mellora continua do Servizo.

9. Tecnoloxía e Arquitectura.
  - Competencias e formación.
  - Preguntas do Módulo
  - Preparación para o exame de certificación  ITIL®  Foundation

10. Exame Oficial